InicioBARRIOSA Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Encheuse a Praza das Conchiñas esta pasada mañá de sábado co gallo da concentración convocada pola Plataforma polo Deteiro á Vivenda. Co apoio da CGT, Galiza Nova, Podemos, a Plataforma Galega pola Defensa das Pensións Públicas e da Plataforma Monte Mero xa existe centos de persoas secundaron un berro unánime contra a especulación na vivenda, un ben que debería ser básico e asequible para todo o mundo.

Cantáronse arengas como ”Violencia é non chegar a fin de mes”, e ensináronse pancartas con lemas como “Garantir a Vivenda; erradicar a crise”, “Expropiacións dos pisos nos bancos fondos voitre e caseiros rendeiros”, “Todas as casas para a nosa clase”

A Plataforma escollía o barrio con máis densidade de poboación de Galicia, tradicionalmente un barrio obreiro e hoxe en día un barrio multitucultulra, onde 30.000 habitantes compiten por menos de 20 pisos ofertados, todos por riba dos 650 €.

Na lectura do manifesto recordaron datos coma este, o como o que sinala que o prezo medio do aluguer subiu máis dun 45% en cinco anos e máis dun 80% en dez anos (un piso que hai dez anos custaba arredor de 400€, custa hoxe 750€ ou máis), “unha barbaridade se temos en conta que o salario máis común ronda os 1200€ brutos ao mes”.
Os datos da compra de vivenda tamén son escalofriantes: “Os prezos subiron en dez anos máis dun 65% e o metro cadrado supera xa os 2400€, mesmo en pisos que teñen máis de 40 anos”.

Cocentracion nas Conchinas da Plataforma en Defensa da Vivenda Publica

Mobilización ante a escpeculación

Con todo, a Plataforma, considera que esta situación “está pasando no resto da cidade, e tamén no conxunto do país”. E poñen o foco na especulación, no feito de que a vivenda tense convertido nun negocio.

Poñen o foco nas vivendas turísticas de plataformas como AirBnB e tamén as vivendas de aluguer temporal, pero recoñecen que “o problema é máis profundo”. “Grandes fondos de investimento, empresas e capitais financeiros están convertendo un dereito básico nun negocio”. “Só arredor do 20% das vivendas que se compran no noso país son para primeira vivenda. O resto son investimento ou especulación”, lembraron.

”E fronte a isto só hai unha resposta posible: organización social e mobilización”, para obrigar aos gobernos a tomar medidas. Porque o parque vivendas en España non chega ao 3%, cando noutros países de Europa chega ao 10%. E porque hai medidas que se poden tomar, como:

  • Prohibira compra e venda de vivenda con fins especulativos.
  • Penalizar con impostos progresivos a quen acumule máis de dúas vivendas.
  • Penalizar mediante o IBI as vivendas baleiras.
  • Impedir que fondos voitre merquen vivendas.
  • Prohibir Vivendas Turísticas e zonas con problemas de acceso á vivenda.
  • Construír vivenda pública para aluguer social, venda ou concesión, impedindo a súa venda.
  • Derogar a lei das SOCIMI.

Nova Asemblea

A entidade aproveita a convoca unha nova asemblea no propio barrio da Agra do Orzán, para este luns 16 de marzo ás 20:00h, no local da CGT, na Rúa Entrepeñas, 6.

Máis novas

A mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

Luz verde ambiental á “bomba urbanística” para construír máis de 4.000 vivendas en Monte Mero

 

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga catro homes por golpear e apuñalar con doce coiteladas un mozo no Orzán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 16, 17 e...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

A caseta dos falcóns do aeroporto sofre un incendio que xa foi extinguido

Un lume iniciado na caseta dos falcóns do Aeroporto da Coruña este sábado foi...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here