InicioA CORUÑADocentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre...

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da reanudación dos cursos culturais do Programa Lecer, docentes nin usuarios recibiron novas oficiais.

“Como non recibimos novas do Concello, nin da Concellería nin di IMCE, non podemos dar ningunha veracidade a esa información ata que se nos comunique de forma clara e directa, polo que seguimos á espera de ser chamados polos responsábeis municipais que dende o 5 de febreiro non nos voltaron convocar aos traballadores e dende o 22 de decembro do 2025 aos usuarios”, aseguran o colectivo de docentes.

Ante esta estrana situación e ante a falta de resposta para o inicio do ciclo de Primavera, a comisión dos Usuarios formada na reunión do pasado mércores decidiron acodir esta mañá de luns 23 de marzo ao Palacio municipal de María Pita. As persoas usuarias pediron reunirse coa alcaldesa, como xa o levan solicitando dendehai varios meses, pero esta quendeclinou recibilos e a través do persoal de acceso indicoulles que deixaran a súa petición por rexistro. Así pois, rexistrouse hoxe ás 13.20 horas unha nova petición de reunión, e a inminente posta en marcha dos cursos.

Tamén están acudindo moitos usuarios a presentar a súa disconformidade nos rexistros
da cidade, solicitando que se tomen medidas urxentes para a recuperación do Programa
de Lecer. Tal é o número de xente que está acudindo que no rexistro de María Pita
habilitouse persoal funcionario exclusivo,se ben no Fórum non puideron rexistrar ningún elemento por “motivos técnicos”.

Ao mesmo tempo varios traballadores fixos-dicontínuos do Programa de Lecer tiveron
os seus correspondentes trámites no Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) para avaliar a débeda que acumulan. Unha cita á que non se presentou nin a empresa, nin o concello presentou ningún escrito como lles prometera o edil Gonzalo Castro.

Máis novas

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Os educadores do Programa Lecer consideran unha “falta de respecto” a falta da empresa e do Concello na primeira conciliación

ÚLTIMAS

O comercio Xusto celebra 40 anos en España e 21 na Coruña

Hai pouco cumpliron 20 anos en Galicia, pero en realidade as entidades que formamos...

A Cruz Vermella celebrou o seu Día Mundial na Coruña cunha gran singular foto na Matadoiro

O persoal da Cruz Vermella na Coruña celebrou encheu este venres de vermello a...

17 centros de ensino público galegos demostraron o enxeño do alumnado galego na V Liga Maker Dron

Máis de 170 alumnos e alumnas participaron onte no Coliseum na V Liga Maker...

Queres saber cales son os primeiros grupos confirmados do Festival Noroeste?

Echo & The Bunnymen, Bongeziwe Mabandla e Mari Froes conforman as primeiras confirmacións do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here