InicioOPINIÓNA humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Publicada o

Por Xiana Vázquez Formoso

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do contacto pel con pel precoz e ininterrompido en todos os partos por cesárea, pero na nosa área sanitaria seguimos agardando a que isto sexa unha realidade.

As evidencias médicas sinalan que a separación de nai e neotano/a nas primeiras horas tras o parto provoca unha peor adaptación fisiolóxica do bebé, maior estrés materno e neonatal, prexuízos no vínculo temperán nai-neonato/a, peor inicio da lactación materna e maior risco de depresión posparto para a nai. Estes feitos tradúcense nas recomendacións nacionais e internacionais dun contacto pel con pel precoz e ininterrompido tras o parto, xa sexa vaxinal coma por cesárea. Neste sentido, xa en abril do 2024, o SERGAS publicaba o documento Guía do acompañamento da muller e do contacto pel con pel nas cesáreas, onde recoñecía os beneficios desta recomendación e a obrigatoriedade de aplicala en todos os seus centros hospitalarios.

Malia todo, as mulleres da Área Sanitaria da Coruña-Cee son das poucas que aínda son separadas dos/as seus/súas neonatos/as cando o parto é unha cesárea non programada e, dous anos despois da publicación do documento do SERGAS, na nosa área sanitaria só se aplica o procedemento establecido en horario de 08:00 a 22:00h de luns a venres, privando a unha elevada porcentaxe de nais do seu dereito de non ser separadas dos seus bebés tras o parto. Ante esta realidade, unha elevada porcentaxe de nais decántase por dar a luz en centros privados.

Historicamente, o motivo que se alega para non darlle cumprimento ás indicacións sobre o contacto pel con pel precoz e ininterrompido en todos os partos son supostos problemas organizativos, cando en realidade existe unha negativa activa de parte do persoal sanitario a facilitar a implantación desta práctica. Deste xeito, tras un parto, as nais dependen unicamente da vontade dos/as profesionais concretos/as que as asisten.

Dende fai anos, algúns centros hospitalarios galegos, como é o caso do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña, publicítanse coma abandeirados da humanización do parto e puerperio, pero a realidade é distinta. Dende restrinxir a aplicación do contacto pel con pel precoz e ininterrompido e o acompañamento nas cesáreas a aquelas que se realizan en horario de oficina, ata unha taxa alarmante na implantación efectiva da lactación materna. Tamén os se fixo eco da evolución física da área de partos ca creación de estancias onde as mulleres poden pasar polos distintos procesos nun mesmo espazo con materiais de apoio e en solitario. A día de hoxe, cóntase cunha única sala de unidade de transición, parto y recuperación (UTPR) e as propias matronas avisan “Non contes con tela dispoñible, porque soamente hai unha e vós sodes moitas”.

En definitiva, parece que, a realidade das nais é a mesma que fai anos e que as medidas de humanización do parto e puerperio non son tales.

  • Xiana Vázquez Formoso. Xeóloga con inquedanzas como muller, nai e traballora.

ÚLTIMAS

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

Detido na Coruña un empresario que empregaba a cidadáns estranxeiros usando identidades de terceiros

Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña a un home como presunto autor dun...

O Concello da Coruña reforza o compromiso coas ANPAs para o mantemento dos colexios públicos

O goberno local da Coruña mantivo este luns unha reunión de traballo coa directiva...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here