Vestiuse de gala onte o Teatro Rosalía de Castro para a gran Festa do Teatro galego e do teatro en galego. Os Premios de Teatro María Casares celebraban o seu 30 aniversario nuun extraordinario momento de saúde do talento, pero nun momento no que a lingua galega perde máis falantes que nunca.
De aí que non faltasen as alusións á falta de políticas (sobre todo políticos) que tiren da nosa lingua, ou á falta da retransmisión da gala por parte da Televisión pública galega, como lembraron Fran Lareu ou a propia Eva Fórneas Brañas, presidenta da AAAG. A presidenta fixo alusións ao papel “chave” do teatro na normalización lingüística, pero tamén para controlar o auxe da ultradereita, rematando cun rotundo #NonaGuerra.
En canto aos premiados Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, foi a gran triunfadora con 6 premios. Con dúas estatuillas quedaron A Serie Clopen do Centro Dramático Galego; Tromso, de Morraoconto, e Berenguela na Raiola da carballesa Galeatro e Xarope Tulú.

Os entregadores dunha gala marcada pola emotividade e o espírito festivo, foron alumnos e alumnas de Manolo Lourenzo, o actor e dramaturgo galego inado o pasdo verán, que homenaxeado sendo protagonista da gala dirixida por Gloria Rico.
A Gala rematou coa emotiva homenaxe, co público en pé, para Luma Gómez, que recibiu o Premio de Honra do 30 aniveresario.

Listaxe de Candidaturas Premiadas
IBUPROFENO TEATRO: RECONVERSIÓN (6)
- Mellor espectáculo
- Mellor dirección: Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio e Natalia Feijoo
- Mellor texto orixinal: Santiago Cortegoso
- Mellor actor secundario: Fran Lareu
- Mellor actriz secundaria: Cristina Collazo
- Mellor espazo sonoro: Alonso Caxade
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO: A SERIE CLOPEN (2)
- Mellor actriz protagonista: Natalia Pajarito
- Mellor dirección de movemento: Marta Alonso Tejada
MORRAOCONTO: TROMSØ (2)
- Mellor espazo escénico: R. Martínez, M. Gendre, L. Pouso e J. Faro “Coti”
- Mellor iluminación: José Faro “Coti”
GALEATRO E XAROPE TULÚ: BERENGUELA NA GAIOLA (2)
- Mellor espectáculo infantil
- Mellor adaptación/tradución: Paula Carballeira
ARAMBOIA: UN TAL ROMEO (1)
- Mellor actor protagonista: Fran Lareu
TANXARINA: A BIBLIOTECA GALÁCTICA CONTRA A IA FANTÁSTICA (1)
- Mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
ELEFANTE ELEGANTE: ALTA COSTURA (1)
- Mellor vestiario: Carolina Díguele
ÁRTIKA CÍA: O LIBRO DA SELVA, O MUSICAL (1)
- Mellor maquillaxe: Ártika Cía

