InicioA CORUÑAO Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor da Torre de Hércules. A primeira etapa da 5ª edición do Gran Camiño deu conta da envergadura que está tomar a gran proba ciclista galega, na previa do ano Xacobeo. Unha proba que conta cos mellores equipos e moitos dos mellores ciclistas do planeta, que espera que a UCI a considere unha proba puntuable para o circuito internacional.

Un pelotón formado por 110 deportistas no que ademais participan 6 ciclistas galegos, buscando que este deporte recupere a incidencia social que tivo antano.

A contrarreloxo herculina foi a primeira das 5 etapas desta edición, que visitará as 4 provincias para rematar o día 18 nun final épico en alto, fronte ao Atlántico e mirando a Portugal: o Monte Trega.

Afortunadamente o tempo dou unha fermosa tregua, non como na edición de hai dous anos cando os tempos quedaron anulados polo temporal de vento e auga. Polo medio, unha xornada chea de cortes de tráfico en Monte Alto, o paseo e Os Rosales, pero de fermosas imaxes na retransmisión da plataforma AGalega.

O Gran Camino na Coruna 2026-Pelayo primeiro ciclista
Pelayo Merino abriu a proba

O ovetense Pelayo Merino, un exemplo de superación con 25 parafusos nas súas articulacións despois de varioa accidentes, foi o primeiro dos 150 participantes en tomar a saída, ao abrigo da Torre de Hércules. Os ciclistas encamiñaban o paseo (que nesta parte entre a Torre e o Acuario lucía un asfalto moi negro gracias ao sprint final que levan facendo as máquinas estas semanas para arrincar os eternos raís do tranvía), para atravesar a enseada e deixar fermosas estampas por toda a cidade.
Na rotonda anterior ao Millenium subían cara o Calvo Sotelo, atravesando Labañou e Os Rosales, rodeando a Praza Elíptica e dando a volta ata o Portiño, dende onde volveron coller o Paseo para pasar por diante do Milleniu e volver directos á Torre, onde xusto embaixo, se colocou a zona de Meta.

No deportivo, bo papel do galego Carlos Canal (Movistar) que quedo finalmente no posto 18º. O español Iván Romeo (Movistar), chamado a gañar, pinchou nun dos sumidoiros do Portiño, perdendo toda a opción.

O portugués Rafael Reis (Sabgal-Anicolor) dominou durante boa parte da tarde, pero finalmente foi o último en saír (por algo era), o danés Julius Johansen (UAE), o que fixo o mellor tempo e se alza co primeiro mallot amarelo desta proba, que non fixo máis que comezar.

O Gran Camino 2026 na Coruna-Chegando 6
Un ciclista chegando ao alto da Torre, onde estaba a meta

Un único incidente

Un único incidente empañou a carreira. Unha muller cruzou indebidamente o paseo na zona de San Roque e foi atropelado polo ciclista Diego López (Tavfer). A muller foi trasladada ao CHUAC e o ciclista puido chegar a meta, na última posición.

Atropelo no Gran Camino-Foto-Eloutep
Imaxe do accidente no Gran Camiñño. Foto: @eloytp

Así foi a chegada do Gran Camiño en 2024

O tempo descafeinou O Gran Camiño

 

ÚLTIMAS

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012,...

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

#IAEducativaDay3. A Coruña acolle un dos mellores eventos sobre a aplicación da Intelixencia Artificial no ensino

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC) acollerá o 8...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here