InicioCULTURA9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no...

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos), Xurxo Carreño, Pepe e Lucas, Oliva Lojo (Oliva sen hache), Ángel Currás (Oveya Nejra) e María Rúa (Prado Rúa), son os 9 creadores galegos que serán premiados ex aequo pola creación de contido humorístico en redes sociais. Trátase do novo galardón dos Premios EMHU 2026, que se entregarán o domingo 3 de maio no Teatro Colón, durante a gala final Fantastic Colofon do Encontro Mundial de Humorismo da Coruña.

Entre os galardóns, o Encontro na súa sexta edición tamén recoñecerá na súa sexta edición a Malena Alterio, El Mundo Today e Daniele Finzi Pasca pola súa contribución ao mundo do humor e da comedia, recollendo o relevo doutras figuras da escena estatal como Andreu Buenafuente, Antonio Resines, Marta González de Vega, Eva Hache, Siro López, Xosé Ramón Gayoso, Goyo Jiménez ou Estirando el chicle que xa foron homenaxeadas e recibiron o aplauso unánime do público na gala Fantastic Colofon.

Os premios son unha pequena parte da completa programación que o festival trae entre o 23 de abril ao 3 de maio, que volverá a facer rir a máis de 15.000 persoas

Alterio, Puig e Daniele

Malena Alterio
Malena Alterio

Malena Alterio recibirá o Premio EMHU Fenómeno, “porque demostrou que pode facelo todo e facelo ben”, explica Luis Piedrahita, director do evento. “Nestes dous últimos anos, Malena estivo nas series de televisión máis vistas, nas obras de teatro máis prestixiosas e nas películas máis exitosas. Demostrou que é capaz de brillar na comedia e no drama, capaz de ser a divertidísima Cris, de La que se avecina, pero tamén unha Sonia memorable e transparente no salón de Tío Vania, de Chéjov”.

Xavi Puig
Xavi Puig de El Mundo Today

Nesta sexta edición o EMHU tamén recoñecerá o papel do diario cos titulares e noticias máis divertidas e surrealistas de España: El Mundo Today. “Nos seus 18 anos de historia, EMT fixo noticias, artigos e reportaxes inesquecibles; pero tamén publicou libros, podcast e ata a súa propia versión da constitución”, apunta Piedrahita. Dous dos integrantes do proxecto satírico, Xavi Puig e Nikki García, recollerán o Premio EMHU Wenceslao Fernández Flórez “polo seu impecable uso da linguaxe xornalística e o seu inquebrantable compromiso coa sociedade e o humor, por mirar a actualidade cun ollo serio e o outro chuchado”, sinala o director do evento.

Daniele Finzi Pasca
Daniele Finzi Pasca

Finalmente, o Premio EMHU Álvaro Cunqueiro, de carácter internacional, recaerá no director, dramaturgo e intérprete Daniele Finzi Pasca, quen presentará por primeira vez en Galicia o seu espectáculo Ícaro o sábado 2 de maio. Finzi Pasca, director artístico de shows multitudinarios para El Circo del Sol (Corteo), o circo Eloize ou das cerimonias dos Xogos Olímpicos de Turín ou Sochi, é tamén o creador de espectáculos íntimos como Ícaro, concibido inicialmente como un show para un só espectador, pero que este ano o representará no Teatro Colón no marco da xira do 35º aniversario do proxecto.

A programación ao completo pódese consultar en emhu.es. Algúns espectáculos xa colgaron o cartel de “entradas esgotadas”. É o caso das galas Fantastic Colofon, Humoris Causa e a primeira das funcións de Chisteria Colectiva, ao igual que os shows Corta el cable rojo (primeira función), Estirando el chicle, Pintando a mona xuntos (segunda función), Yunez Chaib en directo (segunda función) ou a charla Mi media comedia, con Eva Hache e Malena Alterio.

 

A sexta edición do Encontro Mundial de Humorismo celebrarase na Coruña do 23 de abril ao 3 de maio de 2026

PROGRAMACIÓN EMHU 2026

  • Do 31 de marzo ao 12 de setembro, de luns a venres de 17:30h a 20:30h e sábados e festivos de 12:00h a 14:00h e de 17:30h a 20:30h | Sede Afundación 
Exposición Comedy Wildlife.
  • 23 de abril, 19:30h e 22:00h | Teatro Colón 
Corta el cable rojo
  • 24 de abril, 19:00h | Sede Afundación 
Disparate, con Omayra Cazorla (estrea en Galicia)
  • 24 de abril, 21:00h | Sede Afundación 
Match de Impro, con A Escola de Impro
  • 25 de abril, 12:30h | Teatro Colón 
Animus Iocandi, con David Perdomo, Ignatius Farray, Laura Márquez
  • 25 de abril, 18:00h | Teatro Colón 
Nanutria en A Coruña, con Nanutria (estrea en España)
  • 25 de abril, 18:00h | Sede Afundación 
Contra todo pronóstico, con Bárbara Grandío (estrea absoluta)
  • 25 de abril, 21:00h | Teatro Colón 
Esto no es culpa de nadie, con Facu Díaz
  • 26 de abril, 17:30h e 20:00h | Teatro Colón 
Pintando a mona xuntos, con Miguel Lago e Roberto Vilar (estrea absoluta)
  • 26 de abril, 18:30h | Pazo da Ópera 
Estirando el chicle. El show de Mentira y Traición, con Carolina Iglesias y Victoria Martín (estrea en Galicia)
  • 28, 29 e 30 de abril, 18:00h | Sede Afundación 
Visitas guiadas á exposición Comedy Wildlife
  • 28 e 29 de abril, 19:00h | Sede Afundación 
Yunez Chaib en directo, con Yunez Chaib (estrea en Galicia)
  • 30 de abril, 19:00h | Sede Afundación 
Estoy como nunca, con La Forte (estrea en Galicia)
  • 30 de abril, 19:30h | Cantones Cines 
Sujétame el cubata. Proxección e coloquio con JJ Vaquero
  • 30 de abril, 21:00h | Teatro Colón 
Caso, con Rober Bodegas (estrea absoluta)
  • Do 1 ao 3 de maio, de 10:30h a 14:30h | Hotel Eurostars Atlántico 
Fracaso Calidade. Curso de clown, con Jöns Pappila
  • 1 de maio, 12:30h e 18:00h | Praza de María Pita 
El velocípedo mágico, con Billy Bluff (público infantil)
  • 1 de maio, 12:30h | Teatro Colón 
¿Esto se entiende? Artista individual y trabajo colectivo. El proceso creativo en los grupos de WhatsApp. Con Candela Sierra, Luis Piedrahita, Nikki García, Riki Blanco, Xavi Puig e Ximena Feijoo
  • 1 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco 
Humoris Causa, con Álex Clavero, David Cepo, Eva Soriano, Galder Varas
  • 2 de maio, 12:00h | Teatro Colón 
Piensa en Wilbur, con Wilbur (público infantil)
  • 2 de maio, 12:30h | Sede Afundación
Torreznos Podcast, con Alfonso Ortega ‘Cocituber’ e Dani Fontecha
  • 2 de maio, 19:00h | Teatro Colón 
Ícaro, con Daniele Finzi Pasca (estrea en Galicia)
  • 2 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco 
Chisteria Colectiva, con Álex Clavero, Arantxa Treus, David Amor, Jazmín Abuín, Jesús el Negro, JJ Vaquero, Luis Piedrahita, Miguel Miguel, Xosé A. Touriñán (estrea absoluta)
  • 3 de maio, 12:30h | Teatro Colón 
Mi media comedia. Con Eva Hache e Malena Alterio.
  • 3 de maio, 20:00h | Teatro Colón 
Fantastic Colofon, con Eva Hache, JJ Vaquero, Luis Piedrahita.

ÚLTIMAS

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de...

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here