InicioA CORUÑAO luns comezará a retirada da duna de Riazor

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

Publicada o

Por europapress

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da praia de Riazor a duna de area que protexeu o paseo marítimo dos temporais costeiros da tempada invernal, informa o consistorio.

A duna instalouse a finais de outubro do pasado ano e a finais do mes de xaneiro acometéronse traballos de reconstrución para reparar os danos que causaron as borrascas Joseph e Ingrid, con refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora e ondas de máis de nove metros. Para retirar a gran estrutura de protección, de 360 metros de longo, utilizaranse dous bulldozers e unha retroexcavadora que removerán miles de metros cúbicos de area.

“Ademais de retirar a duna é necesario desenterrar e limpar as duchas e lavapés de todas as praias urbanas e comprobar o seu funcionamento, instalar as casetas dos socorristas e a de educación ambiental e realizar outras tarefas para poder gozar dos areais da Coruña a partir do 15 de xuño“, sinalou a concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira.

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...