InicioA CORUÑAO BNG alerta a PSOE que romperá o pacto orzamentario "se se...

O BNG alerta a PSOE que romperá o pacto orzamentario “se se tocan” investimentos ou “se recortan servizos”

Publicada o

Por europapress

Segue apretando a oposición sobre a mala situación económica municipal tras analizar un informe do interventor e unha vez que se coñecen os resultados da liquidación do orzamento 2025. Un asunto que volverá ao pleno este xoves, e do que BNG e PP volveron falar esta semana.

O BNG avisa

A concelleira do BNG no Concello da Coruña e candidata á Alcaldía, Avia Veira, reprochou ao goberno local “fallo na xestión económica” tras o informe do interventor que alerta que o consistorio pechou 2025 con déficit en termos de estabilidade orzamentaria.

“Este déficit é por culpa dun problema de xestión económica, gastouse máis do que había”, concretou a preguntas dos xornalistas nun acto xunto á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Por iso, solicitou un plan económico e financeiro. “É o que che obriga a lei”, recalcou. “O Goberno Local”, remarca, “ten que dar explicacións e esclarecer que medidas propón adoptar”, engade, ao tempo que remarca que “o BNG votou en contra dos orzamentos de 2025 [foron aprobados após someterse Inés Rey a unha cuestión de confianza que non superou]”.

A este respecto, citou “varias liñas vermellas” para contar coa aprobación da formación política. “Non se poden tocar os investimentos nos barrios e non pode haber recortes en servizos públicos”, concretou.

“Se non se cumpre, rompemos pactos orzamentarios porque toda esta información ocultóusenos cando negociamos o orzamento de 2026”, indicou tras criticar “falta de respecto e de transparencia” por parte do goberno local.

O PP incide no empeoramento do déficit

O portavoz do Partido Popular no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, en rolda de prensa.. PP

O grupo popular mira tamén polo mesmo “burato económico”, denunciando que “a alcaldesa autorizou o pago de 217 millóns de euros por 11.534 facturas irregulares, en contra dos desexos do interventor municipal, desde que tomou posesión do cargo”, criticando “o pago de 33 millóns de euros en facturas irregulares” neste curso. Desta cantidade, 3,8 millóns de euros correspóndense con facturas irregulares do IMCE (Instituto Municipal de Cultura e Artes), aseguran.

“A xestión económica de Inés Rey é un desastre, a peor da historia da cidade, e empeora con cada nova información que sae á luz, denuncia Miguel Lorenzo”.

A alcaldesa defende o seu papep: “Traballamos pola cidade”

Arquivo - A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. ANDY PÉREZ - Arquivo
Arquivo – A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. ANDY PÉREZ – Arquivo

Mentres, a alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, defendeu a xestión económica despois de que o interventor municipal alertase de que 2025 pechouse con déficit en termos de estabilidade orzamentaria.

A preguntas dos xornalistas, despois de que o BNG non descartase romper o acordo orzamentario se non se cumpren aspectos como o investimento en barrios, a rexedora remitiuse ás declaracións do portavoz do goberno local, José Manuel Lage, defendendo a solvencia en termos ecónomicos.

“Quedou claro cal é a situación”, aseverou. “Traballamos pola cidade”, dixo para insistir en que desde o gobienro local chéganse a acordos “que benefician o conxunto da cidadanía”.

Estas declaracións fíxoas con motivo do Encontro de Alcaldesas, do que A Coruña acolle unha nova edición centrada na cultura e tamén outras cuestións como o feminismo.

Máis novas

BNG e PP urxen ao goberno local da Coruña explicacións e medidas polo remanente negativo en 2025

ÚLTIMAS

A Coruña investirá máis de 100.000 euros nun programa con 104 actividades para achegar a lectura ás crianzas

O Concello da Coruña destinará máis de 100.000 euros á dinamización lectora infantil a...

O xornalismo galego defende á comunicadora coruñesa Lucía Dávila fronte ao acoso en redes sociais

Profesionais da información xeralista e deportiva pechan filas coa xornalista coruñesa tras facer...

Inés Rey comeza a negociar os orzamentos do 2027 co BNG, que denuncia “incumprimento” nos deste ano

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, emprazou a negociar o orzamento de...

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

As familias das Escolas Infantís Municipais da Coruña concentraranse este sábado 26 de setembro...