InicioCULTURABoyanka Kostova e Lume do Loop móllanse este sábado pola campaña “O...

Boyanka Kostova e Lume do Loop móllanse este sábado pola campaña “O Dépor é da Coruña”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cando toda a cidade (agás Paco Vázquez) asumía a boa nova da normalización (e adecuación á oficialidade) do topónimo do equipo de fútbol da cidade, onte o club anunciaba que antes de tomar a decisión vai realizar unha “consulta vinculante entre os seus abonados”, para decidir o topónimo que acompañará a partir de agora ao Real Club Deportivo.

En calquera caso, o motor desta reivincación segue fundacionando, e a mocidade do IES Rafael Dieste volve á carga con outro concerto, despois do organizado na previa do Eibar con Grande Amore. Os promotores da iniciativa #Aquítaménsefala organizan un novo concerto gratuíto na previa do encontro entre o Deportivo e o Andorra que se celebrará este 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 14:00h, nunha nova acción para reivindicar lingua, cultura e deportivismo.

A xornada arrincará este domingo 17 de maio, ás 12:30 horas cun concerto gratuíto das bandas Boyanka Kostova (que xa tocou na primeira edición do festival ATSF) e Lume do Loop, convertendo a contorna do estadio nun espazo de encontro arredor da música galega, o fútbol e a defensa da identidade da cidade e do club.
A xornada completaranse co reparto de máis de 40.000 adhesivos da campaña “O Dépor é da Coruña”.

Desde a iniciativa nacida no IES Rafael Dieste –e á que xa se sumaron máis de 300 centros educativos, ademais de entidades como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña ou a Xunta de Galicia, encoraxan ao club a “escoitar o clamor popular” e dar o paso definitivo cara ao nome de Real Club Deportivo da Coruña, unha reivindicación que a plataforma leva meses impulsando e que conseguiu un amplo apoio social.

Máis novas

O Dépor realizará unha consulta vinculante aos seus abonados para galeguizar ou non o topónimo

 

En Labañou tamén se fala galego

ÚLTIMAS

Máis de 225.000 persoas saíron á rúa para ver o eclipse nublado

A rebentar estaban as rúas da Coruña esta tarde de mércores 12 de agosto....

A Garda Civil detén en Oleiros unha muller con cocaína e haxix valorados en máis de 2.000 euros

A Garda Civil detivo en Oleiros unha muller de 50 anos como presunta responsable...

Un incendio queima unha hectárea en San Pedro de Visma, na Coruña

Un incendio rexistrado este martes na zona de San Pedro de Visma, na Coruña,...

A poeta Estíbaliz Espinosa ante a eclipse: “Levo anos traballando esa trenza cósmica de poesía que mira ao ceo, así que ando con textos...

A eclipse do 12 agosto poderá converterse, se cadra, nun acontecemento único na vida...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here