InicioBARRIOSEsperan que o informe que impide construír unha parcela da Maestranza se...

Esperan que o informe que impide construír unha parcela da Maestranza se extenda ás outras dúas que afectan á muralla

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Seguen as 3 parcelas que foron propiedade do Ministerio de Defensa da Maestranza, pendentes das sentenzas xudiciais. Esta semana o pleno tiña que asumir a Parcela número 3 estará destinada a espazo libre público, e non vai ser unha urbanización de vivendas de protección oficial como se prometera (en paralelo á de Adelaida Muro). Un in informe de Patrimonio inciden na afectación aos restos do sistema defensivo da Cidade Vella, catalogado como BIC, e provocaron o cambio de calificación.

Unha calificación que dende entidades como Defensa do Común consideran que debe extenderse ás outras dúas parcelas, por canto todas no seu conxunto integran a muralla. Con todo, a realidade das outras dúas parcelas (a 1 e a 2) parecen destinadas a un futuro ben diferente, unha vez que xa foron vendidas polo ministerio a promotoras unbanísticas (Lipromo), e mesmo xa se están a vender os pisos antes de edificar.

Pisos de entre 520.000€ (2 dormitorios) a 730.000€ (4 dormitorios)…

Mapa das parcelas da Maestranza 2
Mapa das parcelas da Maestranza

O caso é que mentres Lipromo vende os seus pisos da Parcela 2, esta parcela segue pendente de notificación da sentenza do TSXG (xa redactada pero aínda non enviada) relativa ao Estudo de Detalle da parcela P2, impugnado por Defensa do Común. A entidade recorreu tamén a licenza municipal, por ser outorgada seguindo o Plan Especial aprobado en 1994, no que non se tivo en consideración os restos arqueolóxicos.

Nese sentido, Defensa do Común tamén segue a demandar a modificación do PEPRI da Cidade Vella do 2015, tanto para deixar sen efecto o Plan Especial da Maestranza de 1994 como para concretar a delimitación e medidas de protección dos restos das murallas. “Resulta inadmisible que no 2026 se pretenda executar un plan de 1994, totalmente obsoleto, que non tivo en conta daquela o sistema defensivo da cidade vella e seus valores arqueolóxicos e patrimoniais”, denuncian.

En resumo, a situación das 3 parcelas é a seguinte:

  • P1 (propiedade de Lipromo): denegado pola XGL (novembro 2025) o último Estudo de Detalle presentado pola promotora
  • P2 (propiedade de Lipromo): Estudo de Detalle aprobado no 2023; pendente de notificación de sentenza polo TSXG do recurso de Defensa do Común, que tamén impugnou a Licenza de obras no Xulgado do contencioso, impugnación en trámite.
  • P3 (propiedade de INVIED-Defensa): cualificada como EL (espazo libre público) na MP-PXOM aprobada provisioalmente polo Pleno o pasado xoves.

Máis novas

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

ÚLTIMAS

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

Máis de 700 congresistas participan na Coruña na Reunión Anual da Sociedade Nuclear Española

Máis de 700 congresistas participan na Coruña desde este luns, e ata o día...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here