InicioECONOMÍASabes o que subiu a vivenda en aluguer na Coruña o pasado...

Sabes o que subiu a vivenda en aluguer na Coruña o pasado ano?

Publicada o

Por editor

A burbulla das vivendas de aluguer non para de crecer. Galicia alcanzou en decembro de 2022 o prezo máximo histórico da Comunidade en vivendas de aluguer, chegando a estar o metro cadrado a 7,96 euros ao mes, segundo o Índice Inmobiliario Fotocasa, que ten rexistros desde o ano 2006. Uns datos moi semellantes aos rexistrados na provincia da Coruña.

Deste xeito, o estudo apunta que as catro provincias galegas chegaron a máximos nalgún momento durante o pasado ano. Así, Pontevedra alcanzou este punto en xuño con 9,79 euros o metro cadrado ao mes, aínda que pechou o exercicio a 8,98.

Nesta liña, Lugo e A Coruña tiveron os seus prezos máximo en xuño e agosto con 6,90 euros o metro cadrado ao mes e 7,85, respectivamente. Mentres, Ourense é a provincia máis barata situándose o seu prezo máis alto en novembro con 6,35 euros o metro cadrado ao mes. Así mesmo, as catro capitais de provincia chegaron a máximos históricos, situándose a cidade da Coruña como a máis cara co metro cadrado a 9,58 euros ao mes.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, un total de 13 comunidades autónomas alcanzaron o prezo máximo no aluguer. Así, o prezo do arrendamento alcanzou máximos en tres ocasions — maio, xuño e xullo — e pechou o exercicio cun prezo medio de 11,03 euros o metro cadrado ao mes.

A primeira comunidade que alcanzou máximos en 2022 foi A Rioxa, que o pasado mes de xuño alcanzou a súa marca con 8,40 euros o metro cadrado ao mes, e que terminou o ano con 7,88.

Deste xeito, Cantabria, Castela e León, Estremadura e Murcia alcanzaron o seu máximo en xullo, mentres que Asturias fíxoo en agosto. Navarra e o País Vasco chegaron á súa marca en novembro e en decembro foron Andalucía, Baleares, Canarias e a Comunidade Valenciana. Así, Cataluña, Madrid, Aragón e Castela-A Mancha son as únicas comunidades que non alcanzaron máximos históricos neste exercicio.

ÚLTIMAS

Rexístrase un tremor de magnitude 3,1 a 200 quilómetros da costa da provincia da Coruña

Un tremor de magnitude 3,1 con epicentro no océano Atlántico, situado a preto de...

O Goberno aproba investimentos no porto da Coruña

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través do Consello Reitor de Portos...

Falece a balea varada en Sabón

Unha balea duns cinco ou seis metros que quedou varada este luns na praia...

Martín Romero: ”O fanzine a día de hoxe permite atopar propostas que diverxen moito do mercado editorial”

Martín Romero vén de gañar o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here