InicioCULTURAO Viñetas desde o Atlántico 2026 tamén pensa en clave eclipse

O Viñetas desde o Atlántico 2026 tamén pensa en clave eclipse

Publicada o

Por Redacción

Ata o cartel da 29ª edición do Salón do Cómic Viñetas do Atlántico únese á febre do eclipse. O cartel, deseñado polo autor galego Miguel Robledo, representa a eclipse total de Sol —que coincidirá na cidade coa celebración do festival—, así como a memoria social cunha escolla de personaxes populares da banda deseñada e da animación.
A semana central do evento será do 10 ao 16 de agosto, aínda que parte da súa programación se estenderá dende o mes de xuño ata finais de setembro.

Presentacion do Vinetas do Atlantico 2026

O acto de presentación desenvolveuse o pasado venres no stand institucional de promoción da banda deseñada galega dentro do festival Comic Barcelona, que se celebra esta fin de semana na capital catalá. Alí estiveron un avance dos convidados desta nova edición do Viñetas: Pep Brocal, José Pablo García e Sebas Martínez, xunto co director do festival Manel Cráneo e o edil de cultura Gonzalo Castro.

Cráneo explicou que este ano se consolida a nova etapa do festival, na que se está poñendo especial atención na inclusividade e nas temáticas sociais.

Avanozou que o salón contará con relevantes figuras do panorama da banda deseñada en España, como Pep Brocal. Outros dos convidados será o tamén catalán Sebas Martín, máximo representante do cómic LGTBI+ na banda deseñada estatal.
José Pablo García será outro dos convidados para esta edición. Coa súa recente publicación ‘Palindrotiras’ está causando sensación entre a crítica e os lectores grazas ao seu dominio do humor e das diferentes técnicas de debuxo.

Entre os nomes propios do festival destaca tamén o da galega Xulia Pisón, que contará con unha exposición na Casa Museo María Pita en colaboración co festival Elas son artistas. A autora coruñesa é responsable, entre outros moitos títulos na súa carreira, da serie de tres volumes de divulgación científica ‘Microalgas’.

ÚLTIMAS

As familias do IES Zalaeta volven á rúa: “Estamos fartas de vivir sen información”

"A xente está farta de vivir sen información". Así valora a ANPA do IES...

A Falperra e Oza póñense de Festa

Continúan as Festas de Barrio da Coruña, apoiadas polo Concello. Nesta ocasión, os barrios...

“Cultura Veciñal”: a nova proposta da FAVA para conectar os barrios

Interesante a proposta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana para...

O pleno de setembro volveu amosar a confrontación entre PSOE e BNG

Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here