InicioSUCESOSDuplícanse os delitos de lesións e rifas tumultuosas na Coruña ante críticas...

Duplícanse os delitos de lesións e rifas tumultuosas na Coruña ante críticas por falta de policías

Publicada o

Por editor

Representantes da Confederación Española de Policía (CEP) convocaron este martes unha protesta diante do cuartel da Policía Nacional en Lonzas, na cidade herculina, para reclamar máis persoal e medios ante, din, o aumento de intervencións, principalmente, lesións rifas.En declaracións a Europa Press, Agustín Vigo, secretario rexional do CEP en Galicia, afirmou que nos últimos anos houbo un incremento de plantilla pero insistiu en que resulta insuficiente debido á creación de novas unidades; ao aumento, detallou, de denuncias por delitos como agresións sexuais ou ciberestafas e á “disminución” do persoal en tarefas administrativas.

Ao respecto, sinalou que por iso hai axentes “en oficinas”, mentres que considerou insuficiente o persoal destinado á investigación. “Non hai xente para investigar”, explicou, aludindo tamén á creación de novas unidades. Ademais denunciou un aumento das agresións a axentes e insistiu en que nalgunhas intervencións “o que importa é a cantidade de policías” para evitar situacións deste tipo.

A protesta en A Coruña forma parte dun calendario de mobilizacións por toda Galicia para esixir máis persoal e medios. Tras as protestas en Santiago, Ribeira e Vigo, hoxe foi na cidade herculina e proximamente haberá mobilización en Ourense. En toda Galicia, este sindicato considera que a plantilla, formada por uns 2.800 axentes segundo os seus datos, debería medrar en 500 máis. Na cidade da Coruña reclamaron cen máis sobre os 800 existentes. Para a provincia coruñesa, con arredor de 1.200 persoas no conxunto, piden un aumento de 200 persoas.

Nunha nota remitida aos medios, aseguran que os delitos vinculados a lesións e rifa tumultuaria aumentaron, pasando de 88 feitos deste tipo en 2019 na cidade herculina a “150 en 2025”. “Un 70,45% máis nun momento no que os coches patrulla da Policía Nacional son difíciles de ver polas rúas da cidade debido á falta de axentes no servizo de radiopatruñas”, citan, entre outros exemplos.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...

O Grao en Cinematografía e o máster en Atención Temperá, oferta da UDC para o curso 2028 e 2029

O Consello de Goberno extraordinario da Universidade da Coruña (UDC) aprobou as declaracións de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here