InicioA CORUÑALucía Veiga e Luz Casal, primeiras protagonistas das Festas de María Pita

Lucía Veiga e Luz Casal, primeiras protagonistas das Festas de María Pita

Publicada o

Por Redacción

Conta atrás para o verán, e para as Festas de María Pita. O 1 de agosto volven comezar as festas mási esperadas do ano na cidade, e o farán co pregón de Lucía Veiga e a actuación de Luz Casal.

A actriz coruñesa e presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, será a responsable de dar o pregón desde o balcón do Palacio Municipal de María Pita.
De seguido, a cantante de Boimorto será a primeira artista do programa festivo, nun concerto co que dará comezo un mes de actividades culturais e musicais en diferentes espazos da cidade. Luz Casal presentará o seu novo espectáculo, ‘Me voy a permitir’, un proxecto no que ofrece “o traballo máis ecléctico e inclasificable da súa carreira”, no que amosa dez formas de entender o mundo a través de dez cancións.

Arquivo - Luz Casal. DEPUTACIÓN - Arquivo
Arquivo – Luz Casal. DEPUTACIÓN

As Festas de María Pita volverán ofrecer un amplo programa de concertos, actividades culturais e propostas para todos os públicos, consolidándose como unha das citas máis destacadas do verán galego.

ÚLTIMAS

José Manuel Lage lamenta non poder ter competencias na área metropolitana da Coruña

O concelleiro delegado de Obras, Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos do Concello de Bilbao,...

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...

En marcha un novo plan de reforzo da limpeza urbana

O Concello da Coruña vai poñer en marcha de forma inmediata un Plan de...

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here