InicioA CORUÑA'Nin alugueres polas nubes nin salarios polo chan', protesta na Coruña para...

‘Nin alugueres polas nubes nin salarios polo chan’, protesta na Coruña para esixir o fin da especulación urbanística

Publicada o

Por europapress

A Plataforma Polo Dereito á Vivenda convocou unha manifestación este sábado, día 6, na Coruña para esixir que “todo o mundo poida ter unha vivenda digna e que se termine coa especulación” neste sector. “No últimos dez anos o prezo da vivenda subiu un 80% na cidade”, cifrou Santiago Lamelo, portavoz deste colectivo cidadán que “non ten ningún tipo de afiliación política e está en contra da situación actual”, segundo explicou. “As vivendas turísticas incrementáronse máis do 50% ou 60% e o 90% son ilegais”, especificou.

Foi con motivo da presentación en rolda de prensa desta mobilización que ten como lema ‘Nin alugueres polas nubes nin salarios polo chan’. Nela, os organizadores alertaron do “forte incremento do prezo da vivenda e do aluguer na cidade, da expansión das vivendas turísticas e dos alugueres temporais, da falta de vivenda pública accesible e da crecente dificultade da maioría social para acceder a unha vivenda digna”.

“A XENTE NON TEN ONDE VIVIR”

“A vivenda é un ben básico non un activo financeiro”, incidiu Lamelo tras asegurar que “a xente non ten onde vivir ou vive en condicións precarias ou comparte habitación ou pisos carísimos”. “Os mozos non se poden emancipar” e a persoas “moi maiores están a botalas á rúa”, denunciou.

Por este motivo, este sábado haberá protestas “por todo o Estado” e tamén na cidade herculina, onde comezará na praza de Ourense e acabará en María Pita. “A manifestación non é un obxectivo senón un medio máis para que a xente mostre o seu descontento“, aclarou.

Ademais, sinalou que esta plataforma levará a cabo “outras medidas de presión” como charlas informativas, denuncias en caso de “situacións ilegais”, intentos de paralización de desafiuzamentos ou asesoramento a persoas “nunha situación vulnerable”. “O obxectivo é conseguir que cada vez sexamos máis xente para que esas medidas de presión sexan máis contundentes”, aseverou.

ÚLTIMAS

O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña a uns meses das eleccións municipais

Veñen avisando dende hai meses, e hoxe a portavoz do grupo municipal do BNG na...

Inés Rey insiste nunha área metropolitana de taxi: “A realidade actual é supramunicipal”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a creación dunha área de prestación conxunta...

O PP da Coruña tacha de “mar de cemento” a reforma dos Cantóns

O portavoz municipal do PP da Coruña e candidato á Alcaldía, Miguel Lorenzo, instou...

O Concello pon na Xunta a responsabilidade do deterioro dos centros de ensino

Continúa amosándose o enfrontamento directo entre Xunta e Concellos, neste caso o da Coruña,...