Xa hai cartel para o San Xoán. O ilustrador e cineasta coruñés Alberto Vázquez, encargado de realizar o deseño do cartel deste ano, e o creador de contido Champi Muros, acompañaron á alcaldesa Inés na súa presentación
O Concello afonda na campaña concienciación de cara á Noite Meiga para reducir o número de residuos acumulados nas praias e nas rúas. Por unha banda, o Concello colaborará cos creadores de contido Santiago Caamaño (Champi Muros) e Paula Vilaboy (Blondie Muser), que publicarán vídeos en redes sociais para promover un comportamento cívico durante a festa.
A este respecto, Inés Rey anunciou que este ano se levará a cabo unha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor. Terá lugar no treito de area entre as Esclavas e o Playa Club, dividindo o espazo en parcelas. As entidades e asociacións que o desexen poderán solicitar dito espazo e serán responsables da súa limpeza e coidado, tendo que deixalo recollido ao abandonar a praia. “Deste xeito, queremos buscar unha solución tanto á cuestión das parcelas, que moitas veces xera conflitos innecesarios, como ao da limpeza, comprometendo a cada entidade solicitante coa recollida dos seus residuos”, indicou Rey, que tamén sinalou que, en función do resultado desta proba, estudiarase a súa ampliación en próximos anos a outras partes dos areais.

Reparto de madeira
Como é habitual, levarase a cabo unha campaña de accións co obxectivo de manter as praias limpas. Repartirase madeira en diferentes puntos, que será a única que se poida empregar para prender as fogueiras. En total repartiranse 120 toneladas de madeira limpa que será distribuida a través de 14 puntos de reparto situados nos areais. Tamén haberá un reforzo dos contedores, tanto nas praias como en puntos de moita afluencia nos barrios. Levaranse tamén a cabo campañas co obxectivo de evitar a acumulación de envases e vidros nas praias, con sorteo de regalos para aquelas persoas que depositen envases nos contedores.
Haberá, como é habitual, puntos violeta repartidos polo Paseo Marítimo, para evitar problemas nunha noite na que pode que haia 200.000 persoas pola rúa, e que se combinará coa cita estrela do Noites do Porto.
Programación cultural coa Ruada das Xoubas
Desde o 17 de xuño celebrarase nos diferentes barrios a Ruada das Xoubas, un programa de actuacións para todos os públicos que pasará por todos os barrios da cidade. Trátase dunha iniciativa de artes escénicas para todos os públicos formada por compañías vencelladas á Coruña e que percorrerá os distintos barrios con teatro, música, danza, maxia ou narración oral. Sairá nestes horarios:
Mércores 17 de xuño. Parque de Eirís
- 18:00h: Xogos populares
- 18:00h: Tigre de papel – Obradoiro de decoración de sardiñas
- 19:00h: Pérez & Fernández- Nanai da china
Xoves 18 de xuño. Praza Elíptica
- 18:30h: Assircópatas- Rogelio iii la fete
Parque de Oza
- 19.00h: A Cova das Letras- Costureiriña bonita
Venres 19 de xuño. Praza de Vigo
- 18:30h: Fantoches Baj- A viaxe feliz de Ramón Sanfiz
Praza de Azcárraga
- 19:00h: Caxoto (A trastenda dos contos)- Unha noite no muiño…
Sábado 20 de xuño. Praza dos Avós
- 18:30h- Títeres Alakrán- Pekeno Kabaret de Tolos
Novo Mesoiro (explanada do CCM)
19:00h – Maga Fani/Martín Camiña Ilusionista- 2 ilusionistas cos pés na rúa
Domingo 21 de xuño
Praza dos Mariñeiros
- 18:30h – Dani García- Flash!
Escalinata da Domus
- 19:00h- Os Náufragos Teatro- Hugo
Luns 22 de xuño
Praza Pablo Iglesias
- 18:30h: Brais das Hortas- Comisión de festas
Praza da Tolerancia
- 19:00h: Inma Soto- Sinfonía de contos. Nós tamén (queremos) navegar!
Martes 23 de xuño
Campo da Leña
- 11:00h: Xogos populares
- 11:00h: Tigre de papel – Obradoiro de decoración de sardiñas
- 11:00h: Taller de herbas de San Xoán
- 12:30h: Caramuxo Teatro
Máis novas
Caamaño&Ameixeiras únense a Xoel no San Xoán que abre o Noites do Porto

