InicioBARRIOSXuxán incorpora 3 novas paradas de bus

Xuxán incorpora 3 novas paradas de bus

Publicada o

Por Redacción

A finais deste mes de xuño, o barrio de Xuxán contará con 3 novas paradas de bus urbano. Os autobuses da liña 4, que ata agora só chegaban ao Barrio das Flores, ampliarán a súa ruta e accederán a Xuxán pola rúa A Canteira e percorrerán o barrio polas súas dúas principais avenidas, incorporando tres novas paradas que mellorarán a mobilidade da veciñanza e a conexión co resto da cidade.

As novas paradas propostas estarán situadas nas vías principais do barrio: dúas na avenida Fresas de Eirís, unha entre a rúa Campo de Galán e a rúa A Viña e outra no confluencia da avenida coa rúa Milagros Rey; e outra na avenida de Xuxán, no cruzamento coa rúa Ángel Gómez.
Ademais, a nova ruta aproveitará dúas paradas xa existentes no viaduto que conecta as dúas rotondas situadas entre a avenida de Monelos e o acceso a Xuxán, as paradas número 108 e 496, conectando coas liñas 1A e 12A.

A ampliación do percorrido non suporá cambios nas frecuencias actuais da liña 4, xa que o servizo reforzarase coa incorporación dun autobús adicional. Deste xeito, manteranse os tempos de paso habituais ao tempo que se garante a cobertura do novo itinerario. O fin de  liña continuará situado na parada da rolda de Camilo José Cela fronte ao bloque 56, punto no que actualmente xa se realiza a regulación do servizo.

A Coruña avanza na construción de 50 novas vivendas para aluguer social no barrio de Xuxán

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here