InicioBARRIOSEn marcha as obras da nova pista multideporte de Monte Alto

En marcha as obras da nova pista multideporte de Monte Alto

Publicada o

Por Redacción

Foi aprobada nos Orzamentos Participativos de 2023, trala solicitude das catro ANPAs do barrio. E por fin será unha realidade. Licitada en novembro pasado, e anunciada para este primeiro semestre, esta mañá comezaban as obras da nova pista multideporte de Monte Alto. Unha pista que estará situada a carón da rúa Faro Finisterre, na zona verde que hai enriba das antigas cocheiras dos tranvías e do Centro de Inserción Social.

A instalación permitirá que as persoas usuarias poidan practicar unha ampla variedade de disciplinas deportivas, como baloncesto, fútbol-sala, balonmán, voleibol, hóckey e mini-basket.

Neste sentido, as primeiras actuacións que abren camiño á construción da pista serán visibles xa sobre o terreo nos vindeiros días, coa instalación das casetas de traballo e tamén a disposición do valado perimetral que delimitará a superficie de obra. A previsión do Concello é que a súa execución se complete en aproximadamente tres meses.

pista monte alto copia

Enmarcada no Plan de barrios 2025-27, a creación da pista suporá un investimento de máis de 230.000 euros e dotará o barrio do que será o seu primeiro equipamento público deste tipo.

 

Como din por Monte Alto con algo de sorna, calquera día comezan as obras do tamén prometido Parque Vixía.

Máis novas

Luz verde ao prometido Parque do Vixía, a nova gran zona verde de Monte Alto

O goberno da Coruña presenta ás entidades veciñais a nova edición dos Orzamentos Participativos 2026-2027

Así será a pista multideporte de Monte Alto

ÚLTIMAS

O BNG ratifica o seu bloqueo evitando a aprobación do Plan definitivo de Xestión e Prevención de residuos

Pleno curto esta mañá no Pazo de María Pita. O BNG anunciaba o mes...

“Veume a pegar, enfadeime e metinlla”, di o autor do apuñalamento mortal a Yoel Quispe

O autor confeso do apuñalamento mortal a Yoel Quispe —os feitos ocorreron na madrugada...

Feren e insultan unha xornalista na folga do metal

Unha xornalista do medio dixital Quincemil resultou ferida ao recibir o impacto dun petardo...

Condenado a máis de tres anos de cárcere o loteiro que se apropiou dunha primitiva millonaria

A Audiencia Provincial da Coruña condenou ao loteiro coruñés Manuel Reija a 3 anos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here