InicioCULTURAA Coruña abraza e “CORRE”

A Coruña abraza e “CORRE”

Publicada o

Por Redacción

Máis de 550 persoas asistiron este mércores á preestrea oficial de CORRE no Teatro Colón da Coruña, nunha sesión que reuniu público xeral, profesionais do sector audiovisual, representantes institucionais e destacadas figuras da cultura galega. A resposta do público confirmou o interese xerado arredor desta curtametraxe producida por Tetra Filmes e dirixida por Saamira Ganay, que transforma A Coruña nun escenario distópico atravesado polo medo, o control social e a supervivencia.
A película utiliza espazos recoñecibles da Coruña como María Pita ou a Torre de Hércules para construír un universo visual que dialoga directamente co presente.

Protagonizada por Lucía Veiga, Sara Miranda e a propia Saamira Ganay, CORRE constrúe unha historia íntima arredor de Iria, Amira e a súa filla Alex, unha familia obrigada a sobrevivir nun sistema autoritario nacido tras a chamada “revuelta de los inadaptados”. Nunha Coruña aparentemente normal, pero atravesada pola desinformación, os toques de queda e os chamados “nidos educativos” , as protagonistas tentan protexer á súa filla nun contexto no que determinadas identidades e formas de vida quedaron fóra da lei.

NP - A Coruña abraza “CORRE” na súa preestrea oficial ante máis de 500 persoas no Teatro Colón (2)
Case cheo no Colón para a estrea

Tras a proxección, o público puido asistir a unha actuación musical de Belém Tajes, autora da banda sonora da película e unha das voces destacadas da música galega actual.

A sesión completouse cun coloquio no que participaron integrantes do elenco, do equipo creativo e representantes de entidades vinculadas ás realidades sociais abordadas pola obra. A conversa permitiu afondar nos temas que atravesan a curtametraxe e deu lugar a momentos especialmente emotivos, nos que tamén houbo espazo para compartir experiencias persoais e reflexións arredor das problemáticas que a película pon sobre a mesa.

 

Máis novas

O conto do rei nu

Satisfacción na Academia Galega do Audiovisual trala boa acollida da Semana do Cinema Galego

 

 

ÚLTIMAS

“Veume a pegar, enfadeime e metinlla”, di o autor do apuñalamento mortal a Yoel Quispe

O autor confeso do apuñalamento mortal a Yoel Quispe —os feitos ocorreron na madrugada...

Feren e insultan unha xornalista na folga do metal

Unha xornalista do medio dixital Quincemil resultou ferida ao recibir o impacto dun petardo...

Condenado a máis de tres anos de cárcere o loteiro que se apropiou dunha primitiva millonaria

A Audiencia Provincial da Coruña condenou ao loteiro coruñés Manuel Reija a 3 anos...

En marcha as obras da nova pista multideporte de Monte Alto

Foi aprobada nos Orzamentos Participativos de 2023, trala solicitude das catro ANPAs do barrio....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here