InicioBARRIOSA veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro –...

A veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro – Orillamar sinalizando a Fonte do Picho

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Falaba onte Xurxo Souto da fonte sagrada do Picho, a raíz dos avances da urbanización da zona de Orillamar-Santo Amaro. Unha urbanización ante a veAciñanza comeza a mobilizarse despois de agotar a vía administrativa.

Foi a Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-A Torre a que convocaba unha concentración este pasado sábado 11, de denuncia da “avaricia construtiva” e en defensa da recuperación da Fonte de Santo Amaro ou Fonte do Picho, unha fonte de “augas sanadoras” (e se cadra termais) recollida en numerosas publicacións e lendas.

Xurxo Souto tomou a palabra

Máis de medio centenar de persoas acodiron ao acto, que serviu para colocar un sinal na zona onde nace a fonte. Non faltaron xentes como o propio Xurxo Souto ou o historiador Felipe Senén, que considera necesario pasar a unha mobilización cidadá porque ”non só temos argumentos arqueolóxicos, históricos, mitolóxicos… senón aínda máis importante os da convivencia, urbanismo e humanismo. Necesitamos espazos onde o ser humano se exprese, e esta é zona de campas, onde a veciñanza se manifesta nas festas populares, como eran os magostos. Agora nin hai onde facer unha fogueira, hai que invadir o lugar sagrado como é o mar”, sinala.
”Isto paréceme antidemocrático o que vai en contra dos valores do humanismo”, e considera a urbanización como “un exemplo de deshumanizar a cidade”.

Tamén estivo presente a arqueóloga Ana Filgueiras, coa que se vai facer un foro aberto para seguir divulgando o asunto. En xeral, consideran necesario que a Dirección Xeral de Patrimonio interveña para controlar a edificabilidade.

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

A Xunta completa a primeira fase da reforma do complexo deportivo de Acea de Ama en Culleredo

O complexo deportivo de Acea de Ama, en Culleredo, estreará desde este luns os...

As familias do IES Zalaeta volven á rúa: “Estamos fartas de vivir sen información”

"A xente está farta de vivir sen información". Así valora a ANPA do IES...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here