InicioA CORUÑAPromoven na Coruña unha campaña de condutas civícas na celebración do San...

Promoven na Coruña unha campaña de condutas civícas na celebración do San Xoán

Publicada o

Por europapress

Entidades veciñais e do lecer nocturno, en colaboración co consistorio coruñés, promoven a campaña “En San Xoán, limpar as praias é ser de primeira” co obxectivo de promover condutas cívicas durante a celebración desta festa. Sobre a iniciativa, a alcaldesa herculina, Inés Rey, remarcou o obxectivo de que San Xoán sexa un exemplo de “festa cívica e limpa”.

Foi nun acto co presenza, entre outros, de Luisa Varela, en representación da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña (FAVA), e de Luís Diz, presidente de Galicia de Noite, entre outros. Baixo o citado lema, equipos de voluntarios activarán unha campaña de mediciación e concienciación sobre a imporancia da limpeza e o coidado das praias e promover o consumo moderado de alcol, sumado á seguridade viaria, a loita contra a violencia sexual e a protección da contorna.

“Buscamos sensibilizar á xente”, aseveraron Luís Diz na presentación para incidir en que desde o lecer nocturno búscase que sexa “sustentable e responsable”. En concreto, os voluntarios farán un percorrido itinerante os días previos pola zona de maior afluencia de cara a lograr a implicación da cidadanía na limpeza das praias para incidir tamén en aspectos como “velar pola seguridade das mulleres”. “Ser responsables e cívicos”, insistiuse en relación a unha campaña con repartición de material.

A campaña está organizada pola Federación Nacional de Empresarios de Lecer e Espectácuos (España de Noite), Galicia de Noite. e a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e área metropolitana, en colaboración co consistorio.

ÚLTIMAS

Festas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Este sábado arrincou o mes de agosto na Coruña, o mes onde pasa todo....

Piden vixilancia arqueolóxica municipal nas obras das vivendas de luxo da Maestranza

As máquinas levan semanas executando obras de movemento e excavación de terras na parcela...

O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns unha nova edición do calendario...

Tres persoas continúan ingresadas polo incendio nun edificio da Coruña, dous delas na unidade de queimados

Tres das persoas --once en total-- que resultaron feridas este domingo nun incendio rexistrado...