InicioA CORUÑA200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Publicada o

Por Redacción

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais do ano na vila herculina, que este ano se viviu un pouco máis nos barrios que nos propios areais.

As rúas de toda a cidade estaban ateigadas de pequenas barbacoas onde as sardiñas e o churrasco tomaban protagonismo dende a tardiña.

Os datos oficiais de afluencia ata a medianoite indican que houbo máis de 200.000 persoas de celebración, a metade delas, nas praias da cidade; e outras 100.000 contabilizadas nas celebracións repartidas polos diversos barrios da Coruña.

SAn Xoan no Matadoiro
Así estaba o Matadoiro

Nos barrios, as xentes pinchaban as redes para ver que pasaba no Palacio dos Deportes, onde nun horario lamentable, o Liceo caía nos penaltis a finalísima da OK Liga, facendo aínda máis negra a lenda deportiva do San Xoán na Coruña, despois daquel fatídico partido de Mallorca, no que o Dépor quedou ás portas de volver a 1ª División.

Xa ás 0:00h, mentres nos barrios xa se saltaban as pequenas cacharelas, prendeu a falla que este ano homenaxeaba a clubs Real Club Deportivo, o Básquet Coruña, o HC Liceo, o Club Voleibol Ciudad de A Coruña, o Maristas, o Marineda Hockey e o Victoria.

Poucas incidencias

A Coruña encabezou a lista de incidencias na noite de San Xoán, cun total de 72 incidencias ao longo da noite, seguida de Vigo, con 27.
Entre as actuacións máis salientables da noite figuran varias intervencións sanitarias por queimaduras sufridas en fogueiras. Así, ás 00:17 horas, un menor resultou ferido na Coruña tras caer sobre unha cacharela, sufrindo queimaduras nunha man e nunha perna.  Xa de madrugada, ás 04:27 horas, outra muller precisou asistencia sanitaria na Coruña ao caer nunha cacharela e quedar imposibilitada para camiñar.

50% menos de lixo

Praia do Orzan a mana do San Xoan-foto-Izan
Así estaba a Praia do Orzán ás 7:00h da mañá-foto-Izanvoluntario

A estampa matutina non foi tan grave como a doutros anos. A campaña intensiva municipal por achegar os contedores ata o propio areal, ou as iniciativas como as do colectivo @arenalimpia de poñerse a limpar ás 5:00h, permitiron que ás 7:00h a imaxe do areal fose lamentable, pero non tan grave como outros anos.

Limpeza de Izan Voluntario
Izan e outra voluntaria de ArenaLimpia facendo limpeza no Orzán

Os equipos de limpeza traballaron dende moi cedo para que a praia xa estea accesible nesta xornada de calor. E segundo observaron os servizos, a cantidade total de residuos recolleitos diminuíu en 50 %. O número de toneladas de residuos retiradas nas praias foi de 22,76 fronte as 44 no ano pasado, no que tamén caera o volume de residuos con respecto ao anterior exercicio.

 

ÚLTIMAS

Inés Rey acusa a Rueda e ao PP de “mercadear” e “boicotear” a política municipal de vivenda

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou a Xunta de "boicotear" a política municipal...

A cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

A cantautora galega Silvia Penide será a encargada de abrir o primeiro dos dous...

As familias do CEIP Cidade Vella volven á rúa

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

O PP critica a Inés Rey por querer xestionar fondos para vivendas cando “non fixo ningunha”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, cualificou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here