InicioBARRIOSA veciñanza da Agra denuncian que o acordo urbanístico consolida "unha política...

A veciñanza da Agra denuncian que o acordo urbanístico consolida “unha política especulativa indecente”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Levan décadas pelexando por un parque para o seu barrio. E por agora apenas poden gozar dun anaquiño de verde mentres ven como as posibilidades dun Parque da Agra de verdade se esfuman. Pasaron xa un par de meses da aprobación inicial polo pleno do Concello da Coruña do Proxecto Urbanístico para o coñecido como “Parque da Agra”, pero dende a Asociación Veciñal Agra non van parar e queren facer público o seu “rexeitamento ao comportamento do Concello en todo o proceso”.

Consideran que o Concello “ignorou totalemente as xustas reivindicacións veciñais a respecto do espazo que debera ser ZONA VERDE”. E van máis alá denunciando que o Concello “favorece a Dricar Inversiones SL outorgándolle unha edificabilidade que de ningún xeito lle correponde”.

E poñen daros sobre a mesa: “A sentenza do TSXG de data 15/10/2015 unicamente establece categorizar os 3.163 m2 da parcela das Adoratrices como SUC (solo urbano consolidado), ordenando excluílo do POL-M22, quedando, por este motivo, fóra de ordenación. Quere dicir isto que a sentenza nada establece sobre usos, edificabilidade nin aproveitamentos, pois isto é competencia exclusiva do Pleno da Corporación. É por isto que se minte cando se afirma que o convenio con DRICAR se asina para dar cumprimento á sentenza do TSXG. O convenio asínase e a aprobación inicial do documento faise para que Dricar Inversiones SL poida facer máis de 130 vivendas e dar un pelotazo urbanístico monumental”.

Como se concreta: “O planeamento de aplicación ao terreo das Adoratrices é agora o do PXOM/1998, que categorizaba eses terreos como SOLO URBANO CONSOLIDADO de uso DOTACIONAL ASISTENCIAL PRIVADO, outorgándolles unha edificabilidade de 4.744,50 metros cadrados. O que vén de aprobar o Concello outórgalle unha edificabilidade de 15.896 metros cadrados, case catro veces máis“, denuncian.

Califican o acordo de atentado urbanístico que se leva perpetrando contra este barrio dende os anos 70″, e lamentan que o “acordo consolida unha política especulativa indecente e impropia de dúas organización políticas que se din progresistas”.

Sinaturas

Así, este luns, 6 de xullo, comezarán unha recolleita de sinaturas na rúa, que han servir para unha alegación colectiva, e poñen a dispor da veciñanza as alegacións individuais coa solicitude de que “se estime esta alegación, se desbote esta modificación do PXOM, e se proceda a unha nova proposta que garanta o obxectivo dun gran Parque do Agra consonte as necesidades e demandas reais deste barrio”.

Máis novas

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

A veciñanza da Agra do Orzán prántase ante o plan para erguer 21 novos edificios no futuro Parque da Agra 

ÚLTIMAS

Da “Casita” de Bad Bunny á “Estanquera” de Saigón

Rematou o curso. É marabilloso traballar con adolescentes. Esas ganas de vida. Escoitar as...

O Burgo marida o Jazz co Medievo

Mentres o paseo marítimo do Burgo viaxa ao Medievo co Mercado Templario, o Xardín...

Samuel Luiz, cinco anos do seu asasinato con tres condenados e novo homenaxe de recordo este venres na Coruña

Este venres cúmprense cinco anos do asasinato de Samuel Luiz, na madrugada do 3...

A veciñanza de 6 barrios únese e rescata a Festa dos Martelos

Hoxe, xoves 2 de xullo, e ata o sábado, o Martinete está de festa....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here