InicioA CORUÑAComezan urbanización do Camiño do Cura

Comezan urbanización do Camiño do Cura

Publicada o

Por europapress

Comezan as obras para urbanizar o camiño do Cura, nos Rosales, para acondicionar unha senda moi utilizada pola veciñanza que conecta as rúas Simón Bolívar e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, mellorando a súa accesibilidade peonil. Trátase dunha longa demanda veciñal, como recoñecía a rexedora Inés Rey, durante o anuncio.

Así, o Camiño pasará de ser de terra a formigón, facilitando así que sexa totalmente accesible a persoas con mobilidade reducida. Ademais, ao longo do camiño instalaranse novos elementos luminosos para mellorar a visibilidade na contorna e tamén se ampliarán as áreas verdes que bordean a senda, onde se plantarán novas árbores.

En paralelo, construírrase un novo treito de beirarrúa na beira dereita de Simón Bolívar, que conectará directamente co acceso á senda e, de paso, cubrirá a canle de pluviais existente, unha medida necesaria para reforzar a seguridade viaria nesta parte do barrio.

A rexedora lembrou que “a adecuación deste percorrido tiña, ata non hai moito, unha complexidade especial: os terreos polos que transita o camiño do Cura non eran de titularidade municipal. “Houbo que obtelos mediante un acordo coas anteriores propiedades, e completar a súa adquisición para que esta superficie pasase a ser do Concello, un paso indispensable para poder traballar sobre a senda”, indicou a rexedora.

O investimento previsto polo Goberno municipal é de máis de 400.000 euros, partida que será cofinanciada con fondos do Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña.

Obras no Camino do CuraObras no Camino do Cura

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...