InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO"Os Franco seguen de titulares rexistrais do Pazo do Meirás"

“Os Franco seguen de titulares rexistrais do Pazo do Meirás”

Publicada o

Por Redacción

Case 4 meses despois da sentenza do Supremo, a finca do Pazo segue rexistrada a nome dos Franco, tal e como consta na nota simple emitida polo Rexistro da propiedade no día de hoxe.

Así o denuncia a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que lembra que “non consta que o Estado instase do Rexistro á cancelación dos asentos rexistrais”.

A entidade lamenta a “pasividade e inacción do Estado respecto da execución da sentenza súmase á relativa á activación de medidas para a apertura total do Pazo ás visitas e para a xestión conveniada de usos”.

Lembran que “no fallo de sentenza ordénase, expresamente, non so a titularidade-dominio do Estado e a nulidade dos títulos de propiedade dos Franco senon tamén “la cancelación de las inscripciones registrales contradictorias del dominio que se declara sobre las mencionadas fincas”.

As visitas

A entidade volve pedir ao estado que abra o Pazo. “O Pazo de Meirás é a todos os efectos (agás os rexistrais) unha propiedade pública e non existe xustificación algunha para que o Estado o teña pechado e impida a visita pública a estancias interiores que eran visitabeis cando a familia Franco xestionaba a apertura do Pazo, obrigados polo establecido na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza, que agora incumpre o Estado coa pasividade da Consellaría de Cultura”.

“A inacción e pasividade do Estado neste asunto súmase á falla de desenvolvemento e activación efectiva das comisións e órganos de participación previstos no Protocolo inter-administrativo de xuño de 2021, conxelado por decisión do Estado, a pesar das demandas do memorialismo galego e do propio Concello de Sada”, remata.

A CRMH reclama ao Goberno central “abrir xa ao público” o Pazo de Meirás

A CRMH leva ao Concello da Coruña ante a Fiscalía de Memoria Democrática

 

ÚLTIMAS

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

Tras críticas do BNG, tamén o movemento Sumar A Coruña vén de cuestionar unha...

O convulso retorno do Dépor a Primeira

A estrea en Riazor ante o Elxe estivo marcada polos colapsos nas taquillas, as...

Reclaman solucións para a “presión asistencial” no Chuac mentres a xerencia di garantir a atención en “tempo e forma”

O Sindicato de Técnicos en Enfermaría (SAE) esixiu á xerencia da área sanitaria da...

O festival Beatout acolle unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais

Unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais participan na Coruña no festival 'Beatout',...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here