InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA CRMH leva ao Concello da Coruña ante a Fiscalía de Memoria...

A CRMH leva ao Concello da Coruña ante a Fiscalía de Memoria Democrática

Publicada o

Por Redacción

O Consello de Memoria Democrática (CMD) do Concello da Coruña do pasado mes de febreiro, acordaba aplicar o Informe José Cornide de Estudios Coruñeses. Un Consello que se celebraba trala insistencia de varios colectivos, entre eles a Comisión pola Recuperación da Memoria Democrática (CRMH) da Coruña, e trala suspensión de dúas convocatorias anteriores. O CDM acordaba por unanimidade trasladar á corporación municipal a conclusión da retirada da simboloxía franquista e elementos contrarios á Memoria Democrática (o relativo á denominación de rúas, avenidas e prazas da cidade) antes do 30 de xuño deste ano.

Porén, nada se fixo nestes 6 meses. Unha situación que provoca a ira da CRMH: “O Concello da Coruña volve a manifestar a súa resistencia en cumprir a Lei de Memoria Democrática en materia de simboloxía franquista”, denuncia. “Unha vez rematado este prazo comprobamos desgraciadamente que non soamente non se cumpriu este acordo, senón que non se deu ningún paso ao respecto. Estamos esixindo o cumprimento da lei, e o que observamos non é xa unha actitude de desidia por parte do concello senón, unha vez máis, de resistencia a cumprir unha obriga democrática”.

Á Fiscalía

Por esta razón a CRMH da Coruña tomou decisións como a de acudir á Fiscalía de Memoria Democrática e DDHH que acordou incoar dilixencias preprocesais para acreditar e valorar xuridicamente o cumprimento da lei 20/2022 polo concello da Coruña e requirindo a este concello para que emita un informe ao respecto.

Tamén con data do 21 de xaneiro deste ano a entidade solicitou á Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática, dependente do Ministerio de Política territorial e Memoria Democrática, a inclusión no Catálogo de símbolos e elementos contrarios á memoria democrática os elementos nomeados no citado informe do Instituto José Cornide co fin da súa retirada ou substitución. Este mes cúmprese o prazo de 6 meses no que a administración debe notificar a resolución do procedemento e dar traslado da mesma ao concell0.

Ademais de pedirlle ao grupo de goberno “compromiso cos valores dunha sociedade democrática”, lembran que “o informe do Instituto José Cornide (dependente do Concello da Coruña) é anterior a actual lei de memoria e debe ser por tanto actualizado. Ao respecto tomouse a decisión no último CMD, tamén por unanimidade, de crear un grupo de traballo para a súa actualización coa finalidade de presentar as súas conclusións no pleno do Consello da Memoria antes do 30 de setembro de 2026″.

Máis novas

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

O Consello da Memoria Democrática propón aplicar o informe José Cornide tras 5 anos no caixón

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

 

ÚLTIMAS

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

Este venres A Coruña abordará a aprobación de cinco novas rutas aéreas nacionais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que a cidade herculina aposta por recuperar...

12 novas citas musicais para o porto coruñés

Segue pechado o porto de Batería para que as iniciativas privadas aproveiten e moneticen...

Escalando cos avós

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here