InicioBARRIOS"Valentina" xa homenaxea aos "Golfiñ@s" de Riazor

“Valentina” xa homenaxea aos “Golfiñ@s” de Riazor

Publicada o

Por Redacción

Esta mañá tivo lugar a inauguración da estatua na honra aos Golfiños de Riazor, o grupo de bañistas que se bañan cada día na praia. A obra, creada en bronce por Miguel Couto, chámase “Valentina” e foi un encargo do Concello

A rexedora quixo ter mención para as diferentes persoas que integran este colectivo, moitas delas presentes: Marisol, Katy, Mariluz, Arturo, Manolo, Alfredo, Ivonette, María “a andaluza”, María “a asturiana”, Esther, Marga, Mercedes, Ana, José, José Suizo, Toni, Francisco, Josefa, Lourdes, Mila, Ana e Conchi.

A escultura, inspirada nunha das integrantes do grupo e elaborada en bronce, ocupa desde hoxe un lugar privilexiado no paseo marítimo, moi preto do espazo que os Golfiños levan anos convertendo nun punto de encontro diario.

Estatua aos Glofinos de Riazor

Continúa a aposta do Concello por Miguel Couto. No ano 2021 instalouse a escultura Sardiña na rotonda da praza de España, como homenaxe ao San Xoán coruñés, unha das celebracións máis representativas da cidade. Posteriormente, en 2022 presentouse En feminino, situada na praza de Tabacos, unha homenaxe ás cigarreiras da antiga Fábrica de Tabacos.

A alcaldesa agradeceu contribución dos “golfiños” e “golfiñas” a facer da praia de Riazor “un espazo de convivencia, amizade e identidade cidadá” bromeu con algún deles que dixo que “lle tiña moitas gañas”, pero chanceou con elas pedindo que non empezasen a colgar as cousas na escultura, como si fan nos colgadores instalados nas rochas da praia. Prometeu, iso si, a construción dunha caseta para os Golfiños.

ÚLTIMAS

A UDC acolle das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here