InicioCULTURAO IMCE contrata a unha única empresa os servizos de produción dos...

O IMCE contrata a unha única empresa os servizos de produción dos espectáculos

Publicada o

Por Redacción

Ata agora, o Instituto Municipal Coruña Espectáculo contrataba vía factura evento a evento, mesmo con pagamentos diarios, a produción técnica dos espectáculos. Onte, a petición do BNG, o Consello Reitor do IMCE, aprobou a adxudicación do contrato dos servizos de produción de son, iluminación e audiovisual para os espectáculos organizados polo organismo municipal.

O contrato foi adxudicado á empresa CEGA Audiovisuais, S.L. por un importe total de
691.719,13 euros.

Esta contratación permitirá unificar baixo un único servizo a produción técnica dos principais eventos culturais promovidos polo IMCE, garantindo unha maior coordinación, eficiencia e capacidade operativa na organización da programación municipal. O contrato dá cobertura a diferentes tipoloxías de actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano en distintos espazos da cidade, desde grandes concertos multitudinarios ata programación de mediano e pequeno formato en barrios, parques e recintos municipais.

Entre os servizos incluídos atópanse os necesarios para a celebración de grandes eventos ao aire libre como os concertos do areal de Riazor vinculados ao Festival Noroeste Estrella Galicia, así como as actuacións e espectáculos das Festas de María Pita, na praza de María Pita. O contrato abrangue tamén a produción técnica doutros concertos, espectáculos e actividades culturais promovidas polo IMCE en espazos como o auditorio do parque de Santa Margarida, os xardíns de Méndez Núñez e distintos barrios da cidade.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here