InicioBARRIOSO Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da...

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Publicada o

Por O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Este xoves 16 de xullo arrinca a edición 25 do Festival Manicómicos. Esa cita anual obrigatoria coa compañía circense máis importante de Galicia, que leva décadas sacándonos as risas dos beizos.

De xoves a domingo, o Paseo das Pontes, o Campo da Leña, a Praza de Pablo Iglesias e o Anfiteatro de Santa Margarida convertiranse en escenarios ideais para o mellor circo contemporáneo. A cartelería este ano fai referencia ao eclipse deste verán, e nela aparecen caricaturizados os museos coruñeses.

Manicomicos Coruna 2026

O xoves 16 de xullo abre o prorama un Obradoiro de circo para toda a familia no Paseo das Pontes, pola mañá, con A T Í P I C O. Pola tarde comezan as actuacións, con tres compañías marabillosas coma son Cirko Psikario e o seu “Que disparate!” ás 18h, logo Andrea Rios ás 20h con “Morpha”, e para pechar a primeira xornada, Roi Borrallas con “Solo” ás 22h.

O venres 18 de xullo trasladan a carpa ao Campo da Leña: pola mañá con Compañía Muu e “Crunch 2”, a secuela do seu primeiro espectáculo, ás 12:30h. Xa pola tarde, Abraham Arzate amosará as súas habilidades en “El Rompe Records” ás 18h, seguido de “La llegada” de Koilara Teatro ás 20h, e pecharemos co pasarrúas musical da Always Drinking Marching Band polas rúas peones do redor da praza, a partires das 22h.

Xa o sábado todas as actuacións serán na Praza Pablo Iglesias do Castrillón. Pola mañá, Ro Krause, con “Deja que salga el sol”, ás 12:30h. Pola tarde chega Mundo Costrini coa música e a tolemia de “Crazy Mozarts” ás 18h. Tras eles, o zen de Paco Panjabi ás 20h e para pechar a xornada, ás 22h, Cia Seon con “Infinit”.

O domingo, o remate será por todo o alto coa gran Gala que se celebrará ás 19:00h no Anfiteatro do Parque de Santa Margarida.

Programa completo

Xoves 16 de xullo | Paseo das Pontes
• 12.30 h | Atípico Circo — Circo en familia. Obradoiro participativo de circo para todos os públicos.
• 18.00 h | Cirko Psikario —¡Qué disparate!. Espectáculo de clown, circo e teatro de obxectos para toda a familia.
• 20.00 h | Andrea Ríos Cía. — Morpha. Proposta de circo contemporáneo, música e suspensión capilar.
• 22.00 h | Roi Borrallas — Solo. Un dos espectáculos de clown máis premiados dos últimos anos.

Venres 17 de xullo | Campo da Leña
• 12.30 h | Cía. Muu — Crunch 2!. Circo, clown e humor para todos os públicos.
• 18.00 h | Abraham Arzate — El rompe récords. Comedia, acrobacias e retos imposibles.
• 20.00 h | Koilara Teatro — La llegada. Humor absurdo e teatro físico arredor da chegada dunha nave alieníxena.
• 22.00 h | Always Drinking Marching Band — La calle es nuestra. Espectáculo itinerante de música e humor polas rúas do centro da cidade.

Sábado 18 de xullo | Praza Pablo Iglesias
• 12.30 h | Mina Clown — Deja que salga el sol. Clown, circo e música con ampla participación do público.
• 18.00 h | Mundo Costrini — The Crazy Mozarts. Concerto cómico de música clásica con instrumentos insólitos.
• 20.00 h | Paco Panjabi — Profesor de Yoga. Unha delirante sesión de clown e humor para todos os públicos.
• 22.00 h | Cía. Seon — Infinit. Circo contemporáneo multipremiado que combina acrobacia, trapecio, danza e clown.

Domingo 19 de xullo | Parque de Santa Margarida
• 12.30 h | Exterior da Casa das Ciencias | Cía. SÖA — Coa cabeza nas nubes.
Teatro físico, danza, clown e acrobacias para público familiar.
• 19.00 h | Anfiteatro de Santa Margarida | Gala 25 Festival Manicómicos. Gran
peche da edición con variedades cómicas e circenses e a participación de artistas
convidados, presentada por Niño Costrini e Romina Kraus.

Toda a programación en www.manicomicos.org/festival.

Máis novas

Os Manicómicos, gañadores do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here