InicioBARRIOSGrande Amore, Ortiga, Océano Esquizo, Loita Armada ou Zavala, protagonistas do cada...

Grande Amore, Ortiga, Océano Esquizo, Loita Armada ou Zavala, protagonistas do cada vez máis potente Lembranza Rock

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Lonxe das iniciativas privadas dos Morriñas ou Recordas, atopamos o Lembranza Fest. Un Festival comprometido, integrado nas Festas de María Pita e da Gaiteira, que na súa segunda edición (tralo éxito do ano pasado) volve apostar pola música do país como reclamo.

DFe feito, o festival serve para abrir un novo programa municipal, Loaira, orientado a favorecer a programación, a circulación e a visibilidade da música feita en galego nos diferentes barrios da Coruña. A súa primeira experiencia articúlase arredor do Lembranza Rock, reforzando un festival de balde e aberto a toda a cidadanía no que conviven bandas consolidadas e novos proxectos, e facendo coincidir a acción de fomento lingüístico coa vida festiva e comunitaria da cidade.

Así, os días 14 e 15 de agosto, no Parque Europa estarán Grande Amore, Ortiga, Océano Esquizo, Loita Armada ou Zavala, demostrando unha aposta pola escena galega do punk, do rock e do metal.

FESTAS OZA LEMBRANZA ROCK Oza 2026 copia

Entre os principais reclamos do cartel destacan Grande Amore, cunha mestura singular de
electrónica, punk e rock; Ortiga, referente da música urbana galega; e Loita Amada, unha das bandas que mellor representa o punk rock máis combativo. O festival contará tamén coa presenza de Océano Eskizo, formación integrada por músicos vencellados á historia da
escena coruñesa, e completará o cartel con Zavala, Boogies e Rapariga DJ, que pechará a noite do sábado.

As Festas da Gaiteira, completaranse o domingo 16 de agosto con pasarrúas, unha feira de artesanía con espectáculos familiares, batucada, sesións de Cascarillarte e sesión vermú na rúa da Gaiteira.

Máis novas

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Océano Eskizo revive na Mardi tres xeracións de punk coruñento

ÚLTIMAS

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

Labañou e San Roque celebraron unha merenda colectiva por unha escola “digna e segura”

Non decae a loita da ANPA do CEIP Prácticas por unha reforma integral no...

O goberno da Coruña abre unha vía de negociación co BNG tras o bloqueo dos orzamentos

O voceiro do goberno municipal da Coruña, o socialista José Manuel Lage, avanzou que...

A patronal dos supermercados da Coruña cuestiona as folgas e defende a súa oferta salarial

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña puxo en cuestión que se manteñan...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here