InicioARTEIXOFalece a balea varada en Sabón

Falece a balea varada en Sabón

Publicada o

Por editor

Unha balea duns cinco ou seis metros que quedou varada este luns na praia de Sabón, en Arteixo (A Coruña), faleceu pouco despois de ser remolcada a mar aberto. Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen deu o aviso ás 8.40 horas desta mañá da presenza do cetáceo no areal coruñés. Emerxencias pasoulle o aviso a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil de Arteixo e a Gardacostas de Galicia.

Segundo ampliou Salvamento Marítimo, Protección Civil avisou os Controladores Marítimos da Coruña e solicitou asistencia para remolcar o animal, que se atopaba próximo ao peirao exterior do porto.

Ata o lugar desprazouse a embarcación de rescate Salvamar Betelgeuse, que remolcou a balea. Finalmente, ás 11.40 horas o cetáceo xa non estaba varado, pero, en coordinación coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), permanece baixo vixilancia para comprobar se ten autonomía para poder nadar.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here