InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAcusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo...

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

Publicada o

Por Redacción

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que ainda existe pendente unha resolución xudicial sobre parte deles) tivo estes dias un novo capítulo, ao autorizarse a desmontaxe e saída de Meirás dunha cantidade sorprendente de bens mobles que van moito máis aló de elementos de carácter persoal, ou bens que teñen unha vinculación co Pazo posterior á morte do ditador Franco, dentro do listado de máis de 400 elementos que non foron demandados polo Estado.

Así o denuncia a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que asegura que se trata de bens ligados coa etapa do ditador Franco, como resultado dun proceso no que “estes bens non foron defendidos axeitadamente polo Estado”.

Para a Comisión, “o Estado está a colaborar de xeito inmoral na xestión da saída destes bens, pechando o Pazo en exclusiva para os Franco para que estes executen un novo espolio de bens, que se suman aos que tamén remataron en casas de subastas e antigüidades con anterioridade a que o Estado tomase posesión da propiedade en decembro do ano 2020″.

Para a Comisión, o Estado, a través do Ministerio de Memoria Democrática debe dar explicacións, pero tamén se preguntan se a Xunta cumpriu as súas obrigas de control, supervisión e previa autorización destes traballos que mesmo supuxeron a instalación de andamios para a desmontaxe de elementos neste Ben de Interese Cultural

Nova suspensión de visitas públicas para o venres

A CRMH da Coruña ten denunciado en moitas ocasións o flagrante e constante incumprimento por parte do Estado dos dereitos da cidadanía nas condicións nas que se celebran as visitas públicas no Pazo de Meirás.

Por senón chegase isto, o Estado no día de onte, unha vez máis e e de xeito unilateral, decide suspender as  visitas programadas a persoas.

Así a comisión reclama do Estado “un comportamento democrático normal e de transparencia neste proceso. Como tamén continuamos a reclamar o xa demando en múltiples ocasións sobre o usos público do Pazo, coa participación da sociedade galega, para converter Meiras nun verdadeiro lugar de memoria de disfrute da cidadanía galega”.

Máis novas

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

A CRMH denuncia que o propio estado incumple a lei de apertura de portas do Pazo de Meirás

 

ÚLTIMAS

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here