InicioA CORUÑAO Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

Publicada o

Por Redacción

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2 ao 5 de setembro. Unha cita que volve ofrecer na cidade o mellor cine fantástico cunha programación dirixida a todos os públicos.

Durante catro xornadas, Lóstrego ofrecerá proxeccións, estreas, unha sección oficial de curtametraxes, talleres, encontros con profesionais, actividades infantís, espazo literario e unha exposición de arte, consolidando o Fórum Metropolitano como punto de encontro para o cine fantástico na Coruña.

Un dos grandes atractivos desta segunda edición será a súa aposta por achegar ao público películas inéditas ou de especial relevancia dentro do panorama fantástico. A programación inclúe a estrea en Galicia de “Chainsaws Were Singing”, así como a preestrea mundial de “Rough Dog”, que poderá verse por primeira vez dentro do festival. A elas súmase a estrea en Galicia de “Luger”, coa presentación da actriz Ana Turpin.

A programación cinematográfica complétase con catro bloques da Sección Oficial de Curtametraxes, distribuídos ao longo do festival.

Cine fantástico para todos os públicos

A programación familiar terá unha presenza especial durante os catro días do festival. Entre as películas programadas atópanse “Mary y la flor de la bruja” e “Guardiana de dragones”, ademais de actividades como contacontos, propostas creativas e a recreación infantil “O libro mecánico”.

Gala de clausura e entrega de premios

O festival concluirá o sábado 5 de setembro coa entrega de premios e a gala de clausura, que terá lugar no auditorio do Fórum Metropolitano ás 19.30 horas. A continuación, ás 20.00 horas, proxectarase “Scream” con motivo do seu aniversario, poñéndolle o ramo a catro xornadas dedicadas ao cine fantástico e de terror.

A programación completa e a información sobre as actividades e reservas poden consultarse nesta ligazón

ÚLTIMAS

A patronal de supermercados da Coruña denuncia “intimidacións a traballadores e a clientes” na folga

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña (ASAC) denunciou "intentos de bloqueo, intimidacións...

A Valedora do Pobo pídelle a Xunta que protexa os murais de Lugrís na Coruña

A Valedora do Pobo requiriu á Xunta para que informe sobre os murais de...

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here