InicioBARRIOS“Cultura Veciñal”: a nova proposta da FAVA para conectar os barrios

“Cultura Veciñal”: a nova proposta da FAVA para conectar os barrios

Publicada o

Por Redacción

Interesante a proposta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana para favorecer a vida comunitaria e unir os barrios a través da cultura.

“Cultura Veciñal” é un novo programa de actividades, apoiado pola Deputación e o Concello, pensado para público infantil e familiar en torno a eixos de temática social. “Co programa Cultura Veciñal, a Federación reforza o seu compromiso coa dinamización sociocultural, a participación cidadá e a defensa dun modelo de cidade que recoñece a cultura como ferramenta de cohesión, inclusión e identidade compartida”, indicou Luisa Varela, presidenta da Federación.

O programa inclúe cinco sesións de contacontos e animación infantil en espacios públicos centradas en valores fundamentais para a convivencia.

Calendario de actividades:

Cultura Veciñal Programación 2026

• 19 de setembro · Praza de Tabacos. Catro Camiños (A Coruña)

• 9 de outubro · Rúa Monasterio de Caaveiro. Ventorrillo (A Coruña)

• 23 de outubro · Rúa Enrique Mariñas. Praza do Eroski. Matogrande (A Coruña)

• 6 de novembro · Rúa Mozart. Martinete (A Coruña)

• 20 de novembro · Local Social de Sigrás, O Souto – Sigrás (Cambre)

Máis novas

A Falperra e Oza póñense de Festa

ÚLTIMAS

As 10 rutas de Samaín que fan barrio: O Castrillón

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here