InicioBARRIOSA Falperra e Oza póñense de Festa

A Falperra e Oza póñense de Festa

Publicada o

Por Redacción

Continúan as Festas de Barrio da Coruña, apoiadas polo Concello. Nesta ocasión, os barrios da Falperra e de Oza serán os protagonistas dunha programación que combina música en directo, actividades para a infancia, propostas gastronómicas e encontros veciñais.

As 12ª festas da Falperra

A rúa Industrial acollerá os días 12 e 13 de setembro a duodécima edición do Día do Comercio na Rúa, principal actividade das festas do barrio da Falperra.
A programación do sábado arrancará coa inauguración a cargo de Pura, a Vienesa, e continuará coa actuación de El Corta, sesión de DJ, exhibición de baile a cargo de Danza 10, o concerto de Varela & Rois e a actuación nocturna de Carlos Bau & 80 Razones. Ás 18.00 horas celebrarase tamén a tradicional festa da escuma.
O domingo continuará a actividade cunha sesión vermú protagonizada por Version’s Band, seguida dos concertos de La Indirigible e Son de Camagüey, encargados de pechar as celebracións. Durante ambas xornadas haberá ademais xogos infantís e actividades pensadas para o público familiar.

Festas da Falperra e Oza 2026

Oza tamén está de festa

O barrio de Oza tamén celebra as festas dende o venres 11 ata o domingo 13 de setembro cun programa centrado na música ao aire libre e na cultura sound system. A primeira xornada, o venres 11, contará coas actuacións de Vedic Roots e Delirium Soundsystem.
O sábado 12, o parque de Oza converterase nun gran espazo musical entre as 18.00 e as 02.00 horas coa participación de Bass Dealer Soundsystem, Rebel-I, chegado desde Perú, Soundkilla e Trasnos in Dub Sistema de Son.

A programación concluirá o domingo 13 cunha sesión máis familiar que contará coas actuacións de Los Alcántara e El Jaleo de Lía, entre as 13.30 e as 17.00 horas.

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here