InicioCULTURAO Colón volve convertirse nunha sala de cine

O Colón volve convertirse nunha sala de cine

Publicada o

Por Redacción

Xa está en marcha primeira edición de Colón Cinema, unha nova proposta cultural que converterá o Teatro Colón nunha gran sala de cinema entre os meses de setembro e decembro. O ciclo, dirixido por Javier Trigales, reunirá sete películas fundamentais da historia da sétima arte en versión orixinal subtitulada, acompañadas de coloquios posteriores con recoñecidas personalidades do ámbito cultural.

O ciclo permitirá contemplar obras de cineastas fundamentais como David Lynch, Luis García Berlanga, Andrei Tarkovski, Kenji Mizoguchi, Charles Chaplin, Ingmar Bergman e Agnès Varda, configurando un percorrido por distintas épocas, estilos e tradicións cinematográficas. Cada proxección estará acompañada por unha conversa posterior cunha persoa convidada vinculada ao mundo da cultura. Participarán o debuxante e autor de banda deseñada David Rubín, a artista Samantha Hudson, a escritora e crítica de arte María Von Touceda, o escritor Antonio Muñoz Molina, a actriz e bailarina Janet Novás, o crítico cinematográfico e director do CCCB Jordi Costa e a fotógrafa da axencia Magnum Lúa Ribeira.

Todas as sesións celebraranse ás 19.30 horas, agás a proxección de ‘Sin techo ni ley’, que terá lugar o domingo 20 de decembro ás 19.00 horas.

Programación de Colón Cinema

  • 24 de setembro | 19.30 h: Mulholland Drive (David Lynch, 2001)
    Con David Rubín.
  • 1 de outubro | 19.30 h: El verdugo (Luis García Berlanga, 1963)
    Con Samantha Hudson.
  • 22 de outubro | 19.30 h: El espejo (Zerkalo, Andrei Tarkovski, 1975)
    Con María Von Touceda.
  • 5 de novembro | 19.30 h: Cuentos de la luna pálida (Ugetsu monogatari, Kenji Mizoguchi, 1953)
    Con Antonio Muñoz Molina
  • 19 de novembro | 19.30 h: Tiempos modernos (Modern Times, Charles Chaplin, 1936)
    Con Janet Novás.
  • 3 de decembro | 19.30 h: El séptimo sello (Det sjunde inseglet, Ingmar Bergman, 1957)
    Con Jordi Costa.
  • 20 de decembro | 19.00 h: Sin techo ni ley (Sans toit ni loi, Agnès Varda, 1985)
    Con Lúa Ribeira.

 

ÚLTIMAS

As 10 rutas de Samaín que fan barrio: O Castrillón

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here