A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear unha nova parada do bus metropolitano na rolda de Outeiro, á altura do cruzamento con Pérez Ardá.
Con todo, o Concello vén de rexeitar a proposta da Xunta, ao considerar que “non se dan as condicións para instalar nese espazo unha parada de bus metropolitano”. Fontes municipais explican que “a parada nese punto, con gran tránsito de vehículos, suporía a eliminación dun tramo do carril bici alí existente, cortando deste modo a continuidade dunha vía deseñada precisamente para garantir a seguridade do tránsito ciclista. Ademais, a ubicación moi cerca dun cruzamento non é a máis axeitada, e afectaba tamén a unha zona de carga e descarga”.
Todos estes argumentos trasladaránselle á Xunta para buscar situacións máis acaídas, consensuadas cos veciños e veciñas e que non supoñan unha alteración negativa na mobilidade.
Máis novas
Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

