InicioCULTURAArrinca a primeira edición da Mostra Expandida de Arte Contemporánea CAbe Coruña

Arrinca a primeira edición da Mostra Expandida de Arte Contemporánea CAbe Coruña

Publicada o

Por Redacción

Hoxe, xoves 17, e ata o domingo 20 de setembro, arrinca a primeira edición do proxecto Coruña Arte Aberta (CAbe). Unha mostra que ofrece un circuíto cultural aberto ao público en máis de 40 espazos, con 25 exposicións, intervencións urbanas e inauguracións de estudos de artistas.

Galerías, centros culturais, fundacións, espazos independentes e establecementos hostaleiros únense para mostrar a arte gallega nun evento único coa participación de máis de 30 artistas.

CAbe dará maior visibilidade á arte contemporánea feita en Galicia a través dun programa ampliado que entrelazará propostas e espazos, artistas e institucións, público en xeral e coleccionistas. O programa comezará oficialmente o xoves 17 ao mediodía no Centro de Arte FMJJ coa inauguración do novo espazo “Vermello.Negro.Azul.Amarelo”, deseñado pola arquitecta Ana Ausín e o artista Antonio Ballester Moreno; quen tamén ofrecerá unha charla titulada “Arquitecturas para xogar”.
Pola tarde, o Espazo de Arte Efémera GURES (situado no Cantón Pequeno, 25) presentará unha nova exposición, “ARTNARCHISTAS”, coa obra dos artistas coruñeses Elena Corredoira e Jorge Taboada.

As actividades continuarán o venres 18, a partir das 13:00 h, na Fundación Luis Seoane, coa inauguración de Retrospectiva, unha exposición dedicada á obra de Xoti de Luis desde a década de 1970 ata a actualidade. O propio artista, acompañado polo comisario, participará nun percorrido aberto ao público. Pola tarde, terá lugar Aberto, que marcará a apertura da tempada de exposicións na Galería Nordés (con obras de Anna Turbau), na Galería Vilaseco (con obras de Enrico Della Torre) e na Galería de Arte Moret (con creacións de Héctor Francesch). Tamén se exhibirán pezas de artistas locais en espazos como o Bar B, Gatopeixe, Rosmón Burger e El Antiguo.

Outro dos principais centros culturais da cidade, o Museo de Belas Artes, únese á celebración da primeira edición de CAbe ofrecendo dúas visitas guiadas á exposición Habana Mater. 2003-2023, de Luis Gabú, estará exposta tanto o venres 18 pola tarde como o sábado 19 pola mañá. A visita matinal estará dirixida polo propio fotógrafo, e necesita inscrición previa.

Espazos alternativos, estudios e discotecas

Ademais das ofertas de galerías e centros culturais, tamén estarán presentes espazos alternativos como Isadora Art Decó (Mampaso), Cosme & Son (cunha exposición colectiva de Chelín, Xaime Cabanas, Tim Behrens e Alfonso Abelenda), Vavava Haus (Dina Bukva) e o DoubleTree by Hilton Hotel (Isra Cubillo). Simultaneamente, artistas locais como Óscar Cabana, Manuel Suárez, Edu Albo e Sofía Serrano abrirán os seus estudios ao público. Mentres tanto, a fachada da tenda FNAC na Praza de Lugo acollerá unha instalación de arte urbana de Taccone.

Os eventos complementaranse cunha programación nocturna baixo o lema CAbe Welcome Night (venres 18) & Farewell Parties (sábado 19), con sesións de DJ en Gatopeixe, Ummagumma, Bristol Bar, El Antiguo, Hotel DoubleTree by Hilton, Garufa Club e El Taller.

A obra de Laura Bergantiños se podrá ver en Barito
A obra de Laura Bergantiños poderase ver en Barito

Ademais, unha vintena de espazos emblemáticos da cidade, como o Café Macondo, o Café Universal (Mercede Touzón), Jazz Filloa, a Taberna O Secreto, Malte Atochas, Vita-K, Ribera & Cia (CASĀ), a Taberna Riberita (Mich Martial), Barito (Laura Bergantiños), La Barra (Román Romeral), O Pateiro (Colectiva), Os Tigres (Álvaro Dorda), Milicia Gráfica (Javier de la Rosa) e Calvario Vintage, entre outros, acollen intervencións, pezas de colección e propostas gastronómicas especiais creadas para o evento, como a hamburguesa CAbe x Richy Veiga, que se poderá degustar en Rosmón Burger a partir da noite do venres 18. Todos os locais pódense atopar no mapa do Coruña Art Tour, dispoñible nos perfís das redes sociais do evento (@corunaarteaberta).

 

Máis novas

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

ÚLTIMAS

A bici, un eixe prioritario na Semana Europea da Mobilidade

A Praza de Tabacos xa acolle as carpas que serven para desenvolver a Semana...

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here