InicioBARRIOSA ANPA do CEIP Cidade Vella pide medidas de urxencia tras un...

A ANPA do CEIP Cidade Vella pide medidas de urxencia tras un suceso que “rozou a traxedia”

Publicada o

Por Redacción

Continúan os problemas nos centros de ensino polo estado das infraestruturas. Aos problemas no IES Zalaeta e no CEIP Prácticas, súmanse (en realidade volven á palestra, pois xa levan varios anos en loita) as circunstancias do CEIP Cidade Vella. Así alerta a ANPA Herrerías, tras un grave incidente no que unha pedra de grandes dimensións atravesou o teito dunha das dependencias do colexio, a escasos metros das aulas, o pasado 10 de setembro.

O suceso tivo lugar mentres se realizaban uns traballos de mantemento na cuberta que eses días se estaban a realizar en horario lectivo. Malia que afortunadamente non se rexistraron feridos nin danos persoais de consideración para o operario nin para a comunidade educativa, a ANPA denuncia que “se rozou a traxedia” e que “este feito confirma o risco real ao que se expoñen a diario os nenos, nenas e o profesorado”.

As familias levan anos documentando o deterioro progresivo das instalacións mediante informes técnicos, imaxes e partes de incidencias trasladados formalmente ás administracións implicadas. Con todo, critican “a inacción da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e as insuficientes medidas adoptadas polo Concello da Coruña”.

Entre os episodios denunciados polos afectados atópase a resposta dada polo director xeral de Centros da Xunta, quen nunha comisión de educación chegou a instar as familias a “lixar as ventás e darlles unha manciña de pintura” en lugar de afrontar unha reforma integral. Así mesmo, a comunidade educativa lamenta os compromisos incumpridos por alguns representantes políticos e a diferenza de trato orzamentario respecto a outros colexios da cidade.

Ante a gravidade do último desprendemento, as familias esixen a convocatoria urxente dunha reunión a tres bandas co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o concelleiro de Educación da Coruña, Juan Ignacio Borrego. Para garantir a seguridade das instalacións e desbloquear o conflito, a ANPA exixe que este encontro conte coa presenza e mediación dunha auditoría técnica independente que avalíe o estado real do edificio.

Finalmente, a ANPA exixe tamén unha avaliación urxente dos parámetros afectados que garanta que é un espazo seguro para a volta do alumnado e o corpo docente ás aulas.

Máis novas

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

O conselleiro de Educación promete ás indignadas familias do CEIP Prácticas que afrontará a reforma integral

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

 

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here