InicioA CORUÑAA ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota...

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Seguen en loita as familias do IES Menéndez Pidal de Zalaeta, vendo como o comezo de curso se realiza en medio dunhas complicadas obras de rehabilitación que inclúen ata cambios dunha cuberta de fibrocemento con amianto. Unhas obras que non se remataron antes do comezo do curso, e que agora a Xunta asegurou que ían paralizar temporalmente.

Hoxe, trala numerosa concentración realizada onte, están á espera do prometido certificado asinado de salubridade asinado, que daría algo máis de tranquilidade ás familias á hora de mandar ou non os case 1.000 alumn@s que ten o centro a clase. As familias esixen tamén o certificado do plan de emerxencia da obra, porque varios andamios están tapando saídas de emerxencia.

Mentres, a ANPA está facendo unha enquisa para preguntar ás máis de 100 familias asociadas como queren afrontar esta crise, “este pulso que nos está botando a Xunta”, como conta unha das responsables da recén renovada directiva.

I é que as familias non saben que facer a día de hoxe, non saben se levar ou non os nenos a clase. De feito, este pasado primeiro día, o alumnado de 3º ESO, que ten a aula no último piso, tivo que marchar de clase “polo forte cheiro a químicos”.

”Temos un bo pitoste e no temos información ningunha. E nós, dende a ANPA non podemos dicir o que teñen que facer as familias. Nós tamén temos dúbidas sobre que facer coas nosas propias fillas, por temas de conciliación, de seguridade, polas faltas…”

En breve saberemos se continúan as mobilizacións.

Obras no IES Zalaeta
Así está o IES neste comezo de curso…

Deterioro da ensinanza pública

Dende a nova ANPA miran máis arriba e critican a falta de Orzamentos da Xunta para a rehabilitación integral de centros de ensino. “Cando nos reunimos o curso pasado con todas as ANPAs, vimos que todos os centros estamos cunhas deficiencias nas estruturas que non se poden imaxinar. Xa non nos metemos nos ratios, ou nos auxiliares PT ou AL…” critican dende a ANPA.

Lembran que estas obras se conseguiron pola mobilización do ano pasado coa Federación de ANPAS. “Para conseguir cousas hai que berrar. E nós non imos para”, avisan,.

O Prácticas segue en loita

Nesta mesma tesitura está o CEIP Prácticas, que recuperará as mobilizacións en breve tras dous anos de loita e un verán sen unha soa mellora no esfolado centro. Esta semana varias familias da ANPA acodiron a manifestarse diante do presidente Alfonso Rueda na inauguración oficial do curso no IES Eusebio da Guarda.

Outras novas

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

Da “Casita” de Bad Bunny á “Estanquera” de Saigón

ÚLTIMAS

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here