InicioOPINIÓNA palabra administrada

A palabra administrada

Publicada o

Por Julia Castillo

Reflexión a partir de «Administrar el silencio», artigo de opinión de Juan José Millás publicado en La Opinión de A Coruña.

 

… e é que Millás é MILLÁS.

… e é que meteu o dardo
na palabra dada,
na quitada,
na silenciada,
na ignorada.
Na pisoteada…

Porque a palabra é a tinta do diálogo.

… e o diálogo é un animal en vías de extinción. Mutou nun monólogo compartido no que cada quen agarda ansioso a que o outro atragoe para lucir o seu bloque de palabras encadeadas.

… e fala.
… e escóitase.
… e gústase.

A cada frase medra o pracer. O outro non existe como opoñente. O outro é o espectador dunha masturbación cuxo clímax só coñece el. Cada quen ten as súas fantasías sexuais. Non si? Neste caso é o pracer de escoitarse sendo observado.

A palabra é tinta, pero xa transparente. Non intercambias, non buscas nin sequera a aprobación do que tes diante. Só buscas escoitarte. O teu pracer.

É unha masturbación pública. É unha masturbación en sociedade.

  • Julia Castillo. Activista, investigadora e analista social. Interésame, sobre todo, o que se agocha detrás de problemas que asumimos como naturais ou inevitables.

Outros artigos de Julia Castillo

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here