InicioCULTURACheo para o concurso de Entroido herculino

Cheo para o concurso de Entroido herculino

Publicada o

Por editor

Ambientazo o vivido esta tarde sabatina no centro herculino, con Mmáis de 37.000 persoas, segundo o Concello, que quixeron gozar do desfile de comparsas de Entroido. A rúa de San Andrés foi unha inmellorable pasarela para un desfile que batiu todas as marcas, con 1.249 persoas inscritas no desfile e un total de 23 comparsas que animaron as rúas do centro da cidade.

A comparsa Os poster roubados de Meisel gañou o primeiro premio do concurso de comparsas na categoría de vestiario, coreografía e orixinalidade Los infieles na modalidade de carroza.

ENTROIDO CORUNA 2023
O grupo Farra Fanfarra actuou de balde na Praza de María Pita, amenizando aos asistentes
antes da entrega de premios. O primeiro concurso de comparsas, correspondente á
modalidade de letra e música, celebrouse a pasada semana e Pantaleon foi a comparsa
gañadora.

Premiados

Na categoría de vestiario, coreografía e orixinalidade a relación de premios outorgados polo
xurado foron:
● Primeiro premio: Os poster roubados de Meisel
● Segundo premio: Los infieles
● Terceiro premio: Troula dos reloxos
● Cuarto premio: Tarde mal arrastro
● Orixinalidade: Pantaleón
● Accéssit 1: Los increíbles del hogar
● Accésit 2: Festarrachada
● Accésit 3: Donaire no mar
● Accésit 4: Carrusel
● Accésit 5: El justiciero tiene cuerda para rato
● Accésit 6: Casamos!
● Accéssit 7: A feira de abrilde Bribes
● Accésit 8: Bolivia pachá
● Accésit 9: Kilomberos de Monte Alto
● Accéssit 10: Monte Alto a 100
● Accésit 11: Maracos
● Accésit 12: Esta rumba non aspira
● Accésit 13: Bribesly Hills
● Accésit 14: Os subterráneos
● Accésit 15: Vaia pezas!

Na modalidade de carrozas, a relación de premios outorgados polo xurado é:
● Primeiro premio: Los infieles
● Segundo premio: Bribesly Hills
● Terceiro premio: Troula dos reloxos
● Cuarto premio: Festarrachada
● Orixinalidade: Tarde mal e arrastro
● Accéssit 1: Os subterráneos
● Accéssit 2: Esta rumba non aspira
● Accéssit 3: Os Maracos
● Accéssit 4: Pantaleón
● Accéssit 5: A feira de abril de Bribes

Concertos de balde 

Tras o concurso de comparsas, ás 21.30 horas, a banda Sidonie actuou na praza de María
Pita como parte da programación de Entroido. Á actuación da banda súmase as que terán
lugar o luns 20, tamén en María Pita, con The Txandals (21.00 horas) e Mojinos Escozíos
(23.00 horas), tamén de balde.
O Martes de Entroido, día 21, e no contexto dos concursos infantís de disfraces, actuarán Los Mecánicos no Campo da Leña (17.00 horas).

Actividades ao aire libre 
Este domingo 20, o Entroido terá continuidade con actividades nos barrios da cidade. Desde as 11.00 e ata as 14.00 horas, a rúa Sagrada Familia acollerá xogos populares, animación e obradoiros de Entroido, abertos á cidadanía.

Xa pola tarde, e desde as 17.00 horas, os Xardíns de Méndez Núñez abrirán paso á ruada
festiva de Phycho-Delia.

FUTFEM no Martes de Entroido

O Martes de Entroido, día 21, abrirase cunha cita moi especial. O Concello, coa
colaboración do Relámpago de Elviña e o Club Eirís Sociedad Deportiva, remontarase atrás
no tempo para lembrar o partido de fútbol feminino que se disputou o 14 de febreiro de 1961 no antigo campo do Relámpago, onde mediron as súas forzas dous conxuntos integrados por mulleres casadas e solteiras, nun contexto festivo.
En homenaxe a aquel episodio, o partido deste martes 21 terá lugar, desde as 12.00 horas,
no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso.

Romualdo Irijoa

Tamén no Martes do Entroido, o Concello homenaxeará a Romualdo Irijoa, fundador da
comparsa Os Maracos. A figura de Irijoa integrarase, desde este ano, no Andar do Entroido da rúa da Torre, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey en 2022, como un paseo da fama á coruñesa, co obxectivo de render homenaxe aos persoeiros máis relevantes e queridos desta festividade na cidade.
O acto de homenaxe a Romualdo Irijoa terá lugar na rúa da Torre, o día 21 (14.30 horas).

ÚLTIMAS

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con...

Exposición da obra do fotógrafo Irving Penn pola Fundación MOP até o 1 de maio

A Coruña convértese de novo na cidade escollida pola fundación Marta Ortega Pérez (MOP)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here