Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de MariCarmen non faltaron na Coruña. Esta pasada tarde de luns 28 de setembro, arredor dun milleiro de persoas concentráronse no Obelisco. Un movemento social que loita para que non haia unha Maricarmen máis, pero sobre todo para que as administracións tomen medidas reais para que a vivenda non sexa un privilexio nin un ben especulativo. A vivenda é un dereito.
Convocada polo Sindicato de Vivenda da cidade (que comezaba hai uns anos como Sindicato de Barrio Falperra-Os Mallos), non faltaron colectivos como o Sindicato de Estudantes, a CGT ou a Plataforma polo Dereito á Vivenda, que vén liderando as accións sociais relacionadas coa precariedade nos últimos tempos.
As manifestacións deixan claro que o Real Decreto que negocia o goberno cos partidos do Parlamento debe conter medidas rotundas para controlar o prezo das vivendas, como a expropiación de vivenda aos fondos boitre, ou a subida rotunda de impostos aos grandes tenedores.
Así o deixaron claro con berros como “Fóra Rentistas dos nosos barrios” e mesmo arengas á Folga Xeral.
View this post on Instagram
Máis novas
A Plataforma Polo Dereito á Vivenda presenta 28 novas denuncias contra pisos turísticos na Coruña
A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda
Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

