Cando os servizos meteorolóxicos anuncian o primeiro tren de borrascas, a asociación cultural O Mural volve poñer de manifesto a necesidade de actuar urxentemente para conservar o único conxunto muralístico dos que fixo Urbano Lugrís na Coruña que se conserva íntegro.
Se ben as teóricas obras de conservación comezaban hai un par de semanas (hoxe os operarios seguían no local de hostalería da Rúa Olmos que albergaba os murais), a entidade considera que a Xunta, o Concello e a Deputación da Coruña “teñen abandonados os murais de
Urbano Lugrís”. Por iso solicitaron reunións coas tres administracións.
Lembran que levan solicitando unha reunión coa Xunta dende 2021.
Máis novas
Os colectivos culturais da Coruña berran e crean polo acceso á beleza lugrisá

