InicioA CORUÑAA solución final

A solución final

Publicada o

Por Rodrigo Osorio

– (Apropósito) – 

Ta ta ta ta ta ta yayayaya
Echemos abajo la estacion del tren
Echemos abajo la estacion del tren
Echemos abajo la estacion del tren
Echemos abajo la estacion del tren
Demoler, demoler, demoler, demoler […]

(Demoler, Los Saicos)

A Coruña, cabeza, garda, chave, forza e antemural do Reino de Galicia. Xoves, 20 de agosto de 2026. Pazo de merengue, no despacho da presidenta-alcaldesa do Concello, UXÍO NOVO REY (asesor principal en temas culturais e único lector do Concello) repasa coa ilustrísima señora os temas que haberán de afrontar en outono.

  • NOVO REY.- Conseguín que haxa festivais até o 20 de novembro… para celebrar a declaración dos dereitos do neno, non pense mal, ese día van vir The Rapants e Xoel.
  • ALCALDESA.- Moi ben, moi ben… Organizarán os de sempre, non?
  • NOVO REY.- Non hai fallo, señora: son os que xestionan mellor as comisións. E xa comezamos co «eterno retorno do mesmo»: ciclo principal de teatro, a Sinfónica, comezar co do antroido…
  • ALCADESA.- E como levas o do poboado de Nadal?
  • NOVO REY.- Iso era meu? Non o levaban os de festas?
  • LAGE TUÑAS, concelleiro plenipotenciario, abre de golpe a pequena porta que separa o seu despacho do da ilustrísma señora. O ataque de ira non lle deixou tempo para sacarse os auriculares cos que estaba a escoitar a conversa de Novo Rey coa alcaldesa.
  • LAGE TUÑAS (Dirixíndose a NOVO REY, que agacha a cabeza).- Pero ti es parvo, ou que? Falámolo ben claro: se o Nadal non é cultura xa me dirás ti que é… Somos cristiáns, carallo!
  • NOVO REY.- Disimule, señor, foi un malentendido e ademáis como lin na prensa que xa estaba todo contratado…
  • LAGE TUÑAS.- Contratado e ben contratado!
  • ALCALDESA.- … pero fican os últimos detalles: facer o que dixemos nos medios porque, a verdade, calentouseme a boca cando preguntáronme os da «canallesca».
  • LAGE TUÑAS.- Hai que sacar xa o concurso público que ten que gañar… esta empresa! (Pasa un sobre pechado a Novo Rey) Teñen un proxecto que pode deixarnos nun segundo posto tras Abel. Agora mesmo non podemos optar a máis!
  • NOVO REY.- Póñome con isto, xa! Mais fica outra cousa da orde do día…
  • ALCALDESA (Revisando un folio).- Non vexo máis temas!
  • NOVO REY.- Dende a manifestación de xuño, a xente non deixa de me preguntar polos murais de Lugrís en Olmos. Temos que facer algo! A prensa insiste moito tamén e aproveitan a mínima para sacar o tema. Xa vistes o tema das ratas!!

Un aceno de preocupación case que tapa o xesto de cabreo da face da ilustrísima señora.

  • LAGE TUÑAS.- Tranquila, señora, iso xa está arranxado

O concelleiro plenipotenciario volve ao seu despacho e volve cun dosier na man que pon diante da alcaldesa. Na capa destaca en letras negras baixo o logo do PsdG: «ENDLÖSUNG DER LUGRISFRAGE». A alcaldesa abre a carpeta e comeza a ler, vocalizando cada sílaba. Cando remata, aplaude.

  • ALCALDESA.-  E non será moi arriscado?
  • LAGE TUÑAS.- Para nada, en canto comecemos a demolición, anunciamos outra subida dos abonos do Dépor, xa o falei con Escotet, e unha nova camiseta de Zara cos versos eses de Olmos…
  • ALCALDESA.- Versos? Lugrís tamén escribía?
  • NOVO REY (axustándose as gafas de pasta).- En realidade os versos non son seus senón de Alberto García Ferreiro: «Si me deran á escoller, / eu non sei que escollería: / si entrar ná Coruña de noite, / ou entrar nó ceo de día».
  • LAGE TUÑAS.- Unha camiseta feita en Marrocos que fomenta a cultura galego-coruñesa! Quen precisa uns monigotes nunha pared!

 

Novas sobre os murais de Lugrís

Os colectivos culturais da Coruña berran e crean polo acceso á beleza lugrisá

A Xunta estuda encapsular os murais de Lugrís mentres non se desbloquea a rehabilitación do inmoble da rúa Olmos

Urbano Lugrís: surrealismo atlántico cargado de identidade

MÁIS ARTIGOS DE RODRIGO OSORIO NO XDC

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here