InicioA CORUÑAA Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas, de todas as idades e de (case) clases sociais, demostraron cal é a máxima preocupación da sociedade actual: a vivenda. Así o deixaron patente facendo soar os seus chaveiros, percorrendo a cidade e respondendo á chamada das entidades sociais máis implicadas na defensa da vivenda como un ben básico, como son o Sindicato da Vivenda da Coruña, a Plataforma polo Dereito á Vivenda ou a CGT.

Manifestacion pola Vivenda na Coruna 2

Coa intención de unir os barrios e o centro, e dando conta de que a crise da vivenda afecta a toda a cidade, a manifectación partía ads Conchiñas, en pleno Agra do Orzán. Foi recollendo xente en cada esquina, que se unía á marea humana, baixando pola Avenida Fisterra, invadindo paseniño a Praza de Pontevedra, chegando ata a Praza de Mina por Juana de Vega, e atravesando, cada vez máis numerosa, todos os Cantóns, ata o Parrote.

”Que pasa que pasa, que non temos casa” foi unha das arengas principais cantadas durante o percorrido. Pero con ela, outros como “Nin xentes sen casa; Nin casas sen xente”, O pobo ten Dereito a casa, pan e teito”; “Resistencia”, “A loita é o único camño”; “Fóra rentistas dos noso barrios”, “A ti tamén té afecta, o tema da vivenda” ou “A lei de vivenda é unha merda”.

Manifestacion pola Vivenda na Coruna 4
Así estaba a Praza de Pontevedra por un lado
Manifestacion pola Vivenda na Coruna 5 copia
E polo outro

Se as conversas se discernían sobre a posible convocatoria de elecciónes estatais, os cánticos tamén facían un claro chamamento á “Folga xeral”, unindo ademais a defensa racial a esta loita: “Aquí están os antifascistas”, berraron con forza os manifestantes.

Foi nun Parrote absolutamente abarrotado como poucas veces se ten visto, cando os membros do Sindicato da Vivenda, con camisetas laranxas, leron un manifesto no que deixaron patentes as liñas principais destas mobilizacións que se basea nunha idea moi básica: a vivenda non pode ser un negocio, ten que ser considerado un ben básico.

Manifestacion pola Vivenda na Coruna no Parrote
O Parrote estaba ateigado como nunca se viu

Galería de pancartas

 

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis novas

As chaves tamén repican na Coruña

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña pide frear os desafiuzamentos e “acabar coa especulación”

Ecos do Sur dá un paso á fronte na problemática da vivenda: “É fundamental acompañar aos máis vulnerables no proceso de adquisición dunha vivenda”

A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

ÚLTIMAS

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

Renfe aumentará prazas e servizos entre A Coruña e Vigo e entre A Coruña e Ourense a partir do 15 de outubro

Renfe anunciou a posta en marcha, a partir do 15 de outubro, o chamado...

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

Un mural colectivo para o Parque do Observatorio na “Festa dos Coidados”

Continua vivo o proxecto «Agra: un barrio de coidados», desenvolto por Arquitectura Sen Fronteiras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here