As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle) e en Compostela volveron ser vandalizadas esta semana. Se en abril recibiron unhas pintadas co lema “15-A. O ensino non é negocio”, desta volta apareceron manchadas con pintura vermella e cunhas pancartas “contra as universidades capitalistas”.
Así o amosa un vídeo da Asemblea de Estudantes Socialistas do Campus Histórico, no que membros da Coordinadora da Mocidade Socialista vanlanzan esta clara mensaxe de “Fóra empresas das aulas”.
View this post on Instagram

