InicioBARRIOSEMVSA asume a xestión da piscina municipal climatizada cuberta de San Amaro...

EMVSA asume a xestión da piscina municipal climatizada cuberta de San Amaro despois de 3,5 anos co contrato caducado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende maio de 2023 leva caducada a xestión da piscina municipal de Santo Amaro, xestionada dende entón en precario polo Club do Mar. Despois das numerosas críticas dende a oposición, o Concello anunciaba en xullo que a xestión ía ser asumida pola empresa pública EMVSA. 3 despois despois, a Xunta de Goberno Local formalizou esta mañá de martes 14 de outubro a encomenda a EMVSA da xestión da mesma.

Esta decisión tómase de mutuo acordo co club para manterá as condicións e prestación do servizo. Así, o Concello encárgalle á empresa municipal a xestión das instalacións, e asume ademais importantes investimentos para mellorar o recinto.

Nestas instalacións lévanse a cabo cursos e actividades das Escolas Deportivas Municipais, polo que a decisión vén tamén motivada pola necesidade de manter activos estes servizos, ademais do que lles presta aos propios socios da entidade.
O investimento que se levará a cabo neste período de xestión estímase nuns 86.000 euros para 2026, 324.000 euros para 2027 e 198.000 euros para 2028.

Segunda fase dos vestiarios da Cidade Deportiva da Torre

O Concello tamén adxudicou o contrato para a segunda fase da eterna reforma dos vestiarios da Cidade Deportiva da Torre, cun investimento de máis de 654.000 euros. Esta fase das obras sumarase aos traballos xa en marcha da primeira fase, cun investimento que supera os 850.000 euros.

Servizo de conserxería en edificios deportivos

Tamén no ámbito deportivo, o Concello deulle luz verde a unha modificación do lote 4 do contrato de servizo de conserxería nos edificios deportivos municipais para ampliar o número de horas de prestación do servizo nun total de 2.030,25 horas.

Así, a hora de apertura do servizo de conserxería adiantarase 15 minutos nos polideportivos de Sagrada Familia, San Francisco Xabier, o Barrio das Flores, o Ventorrillo, Polideportivas I e II da avenida da Habana, Novo Mesoiro e Os Rosales. Así mesmo, no Palacio Municipal de Riazor introducirase unha quenda das 8.30 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Tras esta modificación o número de horas anuais totais garantidas polo contrato ascenderá ata as 100.147,25, e o investimento sería de 5.358.070,13 euros anuais, 81.386 euros máis do inicialmente previsto.

 

Máis novas

EMVSA asumirá a xestión da piscina municipal do Club do Mar

EMVSA tamén controlará o parque municipal de vivendas da Coruña para abordar as necesidades de pisos sociais

O Concello rescata as Escolas Deportivas Municipais

ÚLTIMAS

A Coruña únese este sábado á Limpeza Simultánea de Praias

Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón...

“Eu non a matei, caeu da cama”, alega un home acusado de estrangular a súa muller

Un septuaxenario acusado de vexar e estrangular á súa muller na Coruña, en agosto...

Desmantelan un punto de venda de droga nun piso da Agra do Orzán tras unha alerta cidadá

A Policía Nacional desmantelou un punto de venda de substancias estupefacientes nun domicilio da...

A patronal de supermercados da Coruña denuncia “intimidacións a traballadores e a clientes” na folga

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña (ASAC) denunciou "intentos de bloqueo, intimidacións...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here