O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un “grupo moi reducido” de “radicais e ansistema” os altercados rexistrados na xornada de onte na cidade da Coruña, despois da manifestación pacífica da pasada tarde para protestar contra as cargas policiais acontecidas na concentración antifascista ante a chegada de Santiago Abascal a María Pita.
O Delegado, confirmou a detención de tres persoas, dúas postas xa en liberdade á espera do procedemento xudicial correspondente, e outro que pasará nesta xornada a disposición xudicial. Ademais, aseguran que “estamos a traballar en identificar a máis rensables” destes grupos que “só xeran crispación” e que “buscarna violencia pola violencia”.
“EXPULSAR” Aos VIOLENTOS EN PROTESTAS
“Cando se convocan esas concentracións hai que expulsar a eses elementos que veñen ao que veñen, grupos que veñen aproveitar o dereito fundamental de manifestación, que veñen xerar violencia”. E é que Pedro Blanco defendeu o “dereito a concentrarse”. “Pero hai que denunciar actos violentos, non caben nunha sociedade como a nosa, protagonízanos grupos radicais que se infiltran no medio da xente para xerar desorde e violencia”, insistiu.
“Uns poucos aproveitando estas concentracións provocan desordes”, aseverou sobre a da mañá. Mentres, sobre a da tarde, indicou que se tivo constancia dunha mobilización “non comunicada oficialmente” con posteriores “desordes públicas con lanzamento de bengalas e outros obxectos, con resposta da Policía”.
“Un grupo pequeno, mínimo”, afirmou para incidir en “actos vandálicos” por diversas rúas da cidade. “Estamos a identificar e traballando nesa liña, nas imaxes todo o mundo é capaz de identificalos, persoas tapadas, con elementos para facer violencia, persoas que estaban a organizar queima de colectores”, insistiu.
POLA MAÑÁ: “DISOLVER”, NON UNHA CARGA
Na súa comparecencia, o delegado do Goberno insistiu en que é “un grupo moi reducido o que provoca os incidentes” e remarcou o feito de que durante a mañá non houbese “enfrontamentos” entre representantes de Vox e dos que se concentraban contra o “fascismo”.
Cuestionado xa sobre a actuación policial e se por parte dos axentes púidose actuar doutra maneira, insistiu na presenza de “encapuchados que empezan a utilizar a violencia para tratar de alterar a orde pública”. Con todo, subliñou que a decisión sobre a actuación, “adóptaa a Policía”. “Máis que cargar, disolver”, insistiu, co obxectivo de evitar “unha batalla campal”.
POLA TARDE: “Había que disolver por motivos operativos”
Preguntado pola actuación da noite, unha vez rematada a manifestación pacífica contra a representación policial da mañá, relata que foi ese pequeno grupo de apenas un centenar de persoas o que “empezou atacar a Policía” lanzando vengalas, queimando colectores e tirando valados. Cando os policías actúan fan “por motivos operativos hai que tratar de disolvelos”.
Sobre a acusación da JUPOL, que pediu a súa dimisión por ter autorizado a manifestación en María Pita, Blanco deixou claro que “nin a Delegación do Goberno nin a Policía autoriza ou desautoriza este tipo de concentracións, comunícanse, se por algunha evidencia prevese que pode haber algún tipo de incidencia na seguridade das persoas faise un informe e aí é cando se expón sitio alternativo”, apostilou para explicar por que non se impediu a manifestación da mañá. Da da tarde, aseverou que non houbo comunicación oficial.
Movemento Sumar Galicia-Fronte Ampla denuncia a “desproporción policial” e rexeita que “os altercados minoritarios oculten a mobilización contra o odio”
Pola súa parte, o Movemento Sumar Galicia-Fronte Ampla denuncia a desproporción da actuación policial durante as mobilizacións
desenvolvidas na mañá de onte na Coruña con motivo da presenza de Santiago Abascal.
Ademais, a organización defende a necesidade de distinguir con claridade entre a expresión democrática e maioritariamente pacífica da cidadanía e os altercados protagonizados por unha minoría, que rexeita.
O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, sinala que ”o máis relevante do que aconteceu onte na Coruña é que milleiros de persoas saíron á rúa para expresar o seu rexeitamento aos discursos de odio e tamén contra a desproporción policial. Esa resposta democrática non pode quedar oculta polos altercados nin ser substituída por un relato que presente o conxunto das persoas manifestantes como violentas”.
“Non defendemos o lanzamento de obxectos, as agresións nin a queima de mobiliario urbano. Rexeitamos eses comportamentos e lamentamos os danos causados. Pero os actos dunha minoría non representan a maioría que se mobilizou pacificamente, nin poden servir de escusa para criminalizar a protesta social e o antifascismo”, afirma López.
O relato de onte
(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

