Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita de Monte Alto, imos ata o Castrillón, onde un ano máis, a Asociación de Veciños de Castrillón-Urbanización Soto “IAR”, xunto con outras organizacións veciñais como o Centro de Educación Infantil de Carricanta e o Colexio de Educación Primaria Fernández Latorre, decidiron celebrar o Samaín co “Desfile do Samaín”.
O evento terá lugar o 30 de outubro de 2026, a partir das 19:00 horas, seguindo este percorrido:
O desfile sae ás 19:00 horas do Centro de Educación Infantil de Carricanta, percorrendo a rúa José María Hernansáez, a rúa Villa de Órdenes, a avenida Casanova de Eirís e rematando no Colexio de Educación Primaria Fernández Latorre.
A procesión estenderase ata as 19:30 horas: Os participantes do CEIP “Fernández Latorre” uniranse á procesión e, xuntos, continuarán pola avenida da Concordia, a rúa Antonio Noche López e entrarán na praza Pablo Iglesias pola entrada da rúa Antonio Noche López.
Ao remate da procesión na praza Pablo Iglesias, haberá unha actuación musical e animación a cargo da discoteca móbil Keys Animación (DJ Héctor Ferlo). O desfile estará acompañado polo grupo de gaitas “IAR” e voluntarios (con chalecos amarelos) para acompañar aos nenos dos centros educativos e a calquera outra persoa que desexe participar. Solicitouse a colaboración da Policía Local para garantir o bo desenvolvemento do evento.
En caso de choiva, os eventos trasladaranse á pista deportiva cuberta do CEIP “Juan Fernández Latorre”.
Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto
O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

